O Sergas activa un plan para que os centros de saúde fagan cirurxías menores antes do verán. Estarán dispoñibles en centros de Lugo e Pontevedra co obxectivo de que en 2029 se estendan por toda Galicia.

O Sergas activa un plan para que os centros de saúde fagan cirurxías menores antes do verán. Estarán dispoñibles en centros de Lugo e Pontevedra co obxectivo de que en 2029 se estendan por toda Galicia.
San Xoán será festivo en 2026, segundo a proposta formulada pola Xunta este luns. Os outros dous festivos de carácter autonómico, unidos aos estatais, serán o 19 de marzo e o 25 de xullo, xa que o Día das Letras será domingo. Ademais, outros dous festivos son fixados por cada concello.
O PP accede á alcaldía de Cambre con catro concelleiros de 21. Diana Piñeiro, nova rexedora, logra a alcaldía en segunda votación. Unión por Cambre, partido máis votado e con 7 concelleiros, abstívose tras negar o apoio ao PSOE, que se postulara (4) logo da dimisión da anterior alcaldesa, María Pan, que substituíu a Óscar García Patiño, tamén dimitido hai un ano.
Domingo de ascensos para o fútbol galego. O Pontevedra é equipo de Primeira RFEF tras imporse por 4-2 ao Laredo en Pasarón e a UD Ourense sobe á Segunda RFEF tras o seu empate a 1 gol co Silva. Ademais, o Montañeros da Coruña certifica que é equipo de 3ª RFEF coa súa vitoria 1-3 ante o Miño [Imaxes: Pontevedra CF e UD Ourense]
Novas obras nos viadutos da A-6 cortarán unha das calzadas desde este luns e durante dous meses. Tras a apertura do segundo viaduto o pasado decembro, os traballos de impermeabilización definitiva das dúas estruturas quedaron pendentes de tempo seco e comezarán agora, o que obrigará a desviar alternativamente o tráfico por unha ou outra calzada, comezando este luns por pechar a calzada sentido Galicia.
Nivel de alerta laranxa este sábado no litoral galego, con nivel amarelo en boa parte do país por chuvia e vento, mesmo con neve no leste de Lugo e Ourense.
Este 18 de abril, Venres Santo, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Seguimos contando contigo o sábado 😊
O BCE baixa os tipos de xuro ata o 2,25% pola guerra arancelaria de Trump. É o sétimo descenso porque a inflación remite e os aranceis dos EUA frearán o crecemento.
Un oceanográfico construído en Vigo grava por primeira vez a lura colosal, un cefalópodo capaz de alcanzar os 500 quilos de peso. É a primeira vez que un exemplar é gravado no seu hábitat natural, cen anos despois do seu descubrimento. Explícao a expedición do Schmidt Ocean Institute e cóntao tamén o Faro de Vigo. Foto: Schmidt Ocean Institute
O vindeiro luns, 21 de abril, principia a segunda fase piloto do proxecto Xenoma Galicia co envío de sms para conseguir un milleiro de persoas voluntarias para a determinación do seu xenoma nunha mostra de saliva. As mensaxes chegarán a xente con centro de saúde nos concellos de Cedeira, As Somozas, A Coruña, Coristanco, Melide, Mondoñedo. Lugo, San Cristovo de Cea, Ourense, Silleda, Poio, Meis, Cerdedo-Cotobade, Vigo e Gondomar. As persoas teñen que aceptar a participación para recibir o kit de autotoma de mostra de saliva no seu domicilio, e posteriormente entregalo no seu centro médico.