O pleno de Santiago aproba os Orzamentos de 2020 cos votos a prol do PSdeG e a abstención de Compostela Aberta. As contas do consistorio compostelán roldan os 117 millóns de euros.

O pleno de Santiago aproba os Orzamentos de 2020 cos votos a prol do PSdeG e a abstención de Compostela Aberta. As contas do consistorio compostelán roldan os 117 millóns de euros.
5A | A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, fai oficial a súa dimisión para encabezar a lista do PP por Lugo. Candia, que tamén renuncia ao escano na Deputación lucense, é substituída en funcións polo edil Ángel Otero, que se perfila como novo alcalde.
A circulación de trens está interrompida entre Monforte e León pola caída da catenaria nas proximidades da segunda cidade. A avaría produciuse na madrugada deste luns e Renfe está a habilitar un dispositivo de autobuses alternativos.
5A | Pablo Casado resta importancia ao pouco peso da marca do PP na precampaña do partido en Galicia porque "Feijóo é 100% PP" e "o que di é moi parecido ao que di Isabel Díaz Ayuso e iso é o importante". "Que despois dás un acento ou unha imaxe na que un galego se sente moi de Galicia? Fenomenal", reflexionou en declaracións a Telecinco.
Pablo Iglesias di ter "clarísimo" que o Goberno de España transferirá a AP-9 á Xunta. Son declaracións do vicepresidente segundo do Executivo central e líder de Podemos á TVG. A lei para o traspaso da autoestrada comezou a tramitarse no Congreso a finais de 2018 tras anos de bloqueo, pero as dúas eleccións xerais de 2019 demorárona. A transferencia está incluída no pacto de investidura do BNG co PSOE.
5A | Unha nova enquisa sitúa o PP no límite de perder a maioría absoluta en Galicia, pero abre a porta a que reteña o Goberno grazas a un escano de Vox para o que non identifica provincia. Segundo o inquérito de Sociométrica para El Español, o PSdeG medraría ata 6 escanos e o BNG aumentaría 3. Mentres, Galicia en Común -identificado na enquisa como Común da Esquerda-, sería cuarta forza con 8 escanos.
Falece aos 95 anos o sacerdote, poeta e activista Ernesto Cardenal, referente da Teoloxía da Liberación (Imaxe: Herbert Erwin, Dominio Público)
Antena 3 publica unha sondaxe de Sigma Dos que abre a posibilidade de que Núñez Feijóo perda a maioría absoluta nas eleccións galegas do 5 de abril. O PP obtería entre 37 e 39 escanos (a maioría está fixada en 38), mentres que o PSdeG se movería entre 18 e 20, o BNG subiría ata 14 e Galicia en Común obtería entre 3 e 6.
O Dépor derrota 3-4 ao CD Tacón (Real Madrid feminino) cunha histórica remontada. No minuto 81 perdían 3-0, pero en só nove minutos as coruñesas déronlle a volta ao partido
Está a piques de comezar a manifestación do feminismo galego en Verín, que rematará na Praza Maior da vila coa lectura do manifesto conxunto de Galegas8M