Arxentina pedirá o rescate ao FMI, segundo anunciou o presidente Macri, que culpa os gobernos anteriores do deterioro económico do país.
Fálase
A entidade que reparte as bandeiras azuis das praias asigna 109 a Galicia, 4 menos que o pasado ano. A organización que as concede admite que espazos naturais fráxiles poden verse prexudicados por esta distinción, que a Xunta financia cuns 40.000 euros anuais.
O CIS mantén o PP como primeira forza en intención de voto cun 24%, pero apenas dous puntos por diante de Ciudadanos e o PSOE, aos que ubica nun empate técnico na contorna do 22%. A cuarta forza sería Unidos Podemos e as súas confluencias, con algo menos do 20%. Eldiario.es debulla as principais cifras do inquérito.
Julia Torregrosa toma posesión como nova deputada de En Marea en substitución de Juan Merlo. Torregrosa foi a número 7 das candidaturas da formación e, como Merlo, é membro de Podemos. (Imaxe: En Marea)
O expresidente da Deputación de Pontevedra e actual presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, terá que ir finalmente a xuízo polo caso dos alugueiros, tras desestimar o tribunal o recurso presentado polos seus avogados. Louzán está acusado dun delito continuado de suborno impropio e a Fiscalía pide un ano de prisión para el e nove meses para a súa dona
Activo un incendio en Guntín que queimou xa 5 hectáreas e segue sen controlar tras iniciarse a primeira hora da tarde. Foto @BMarroxo
Liberdade sen cargos para os bombeiros andaluces acusados por rescatar refuxiados en Grecia.
Fomento anuncia que reinicia as obras de mellora da seguridade na entrada a Vigo pola A-55 aos poucos días das protestas unánimes do Concello de Mos pola súa paralización.
A CUT chama á CIG a "afrontar unha folga xeral real dende a unidade como única garantía posible de éxito". O sindicato convoca unha xuntanza coa CIG para abordar a convocatoria de paro feita para o próximo 19 de xuño.
Cheo absoluto nos Premios Martín Códax. Veñen de esgotarse as entradas para a gala de entrega dos galardóns da música galega, que se celebra este mércores no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde se coñecerán cales das 54 bandas e artistas finalistas resultan gañadoras.