Terceiro galego falecido no naufraxio do buque 'Argos Georgia' nas Malvinas. O Goberno de España confirma que un veciño de Noia é o terceiro mariñeiro falecido no sinistro, sendo os outros dous de Vigo e de Baiona. Nun inicio, o noiés figuraba como desaparecido. De momento, na listaxe de desaparecidos aínda está outro mariñeiro de Ribeira. O naufraxio tivo lugar o pasado 23 de xullo e, segundo as últimas informacións oficiais, saldouse con dez mortos, tres desaparecidos e catorce superviventes. [📸 O Argos Georgia, nunha imaxe da armadora © Argos Froyanes]
