Os Mossos buscan a Puigdemont, desaparecido logo de dar un discurso a primeira hora a carón do Parlament de Catalunya, onde se desenvolve a sesión de investidura do socialista Salvador Illa. [Imaxe: Junts]
Fálase
O K4 500 de Carlos Arévalo e Rodrigo Germade clasifícase para a final, que terá lugar este xoves ás 13:50 horas. Este mediodía tamén se celebrarán as finais do K4 500 feminino de Teresa Portela, Carolina García e Sara Ouzande (13:40) e a do C2 500 de Diego Domínguez (13:20)
A pontevedresa Antía Jácome clasifícase para as semifinais do C1 200, que terán lugar este venres ás 10:30 horas e que darán o pase á final, prevista para o venres ao mediodía. O madrileño con licenza galega Diego Domínguez, considerado DGAN (Deportista Galego de Alto Nivel), pasou á final do C2 500, que se celebrará este ás 13:20 horas.
Carles Puigdemont reaparece a carón do Parlament de Catalunya. O líder de Junts, que se enfronta a unha orde de detención, tentan bloquear a investidura como president do socialista Salvador Illa. [Imaxe: Junts]
Pablo Crespo, clasificado para as semifinais do C1 1000 metros, que terán lugar o venres ás 11:30 horas. O palista pontevedrés, de só 22 anos, foi segundo na repesca e sumouse ao resto de competidores e competidoras galegas, que este martes tamén acadaron a súa clasificación para as roldas decisivas. Foto: RFEP
A oleirense Yulenmis Aguilar, clasificada para a final de lanzamento de xavelina nos Xogos Olímpicos de París. A atleta de orixe cubana, que reside en Oleiros dende o ano 2021, realizou un lanzamento de 61,95 metros, a cinco centímetros no nivel esixido, pero obtivo o pase por postos, ao ser a novena mellor dos dous grupos. O sábado 10 ás 19:30 horas competirá na gran final
O Goberno do España considera "ilegal e ilexítimo" o tribunal que xulgou o médico republicano Rafael de Vega, asasinado polos golpistas en Lugo o 21 de outubro de 1936, e condena o seu fusilamento na acta de Recoñecemento e reparación persoal. En aplicación da Lei de Memoria Histórica, o Executivo comunicou este martes á familia a reparación da súa memoria, como adianta El Progreso. [📸 Rafael de Vega Barrera, nunha imaxe gardada pola súa familia CC-BY-NC-SA Rafaeldevega.es]
- HEMEROTECA | Rafael de Vega: Médico, republicano, asasinado
Unha vintena de concentracións en cidades e vilas galegas amosarán este mércores pola tarde a súa repulsa polo crime machista que tivo lugar no barrio coruñés de Labañou onde un home de 76 anos asasinou a súa muller, de 74.
Renfe pedirá compensacións económicas a Talgo polas incidencias reiteradas nos novos trens Avril. A empresa pública está "cuantificando o dano reputacional e en indemnizacións a viaxeiros" coa posibilidade de formular tamén "unha demanda adicional de danos e prexuízos". [Imaxe: Talgo]
- HEMEROTECA (23/5/2024) | Atrasos na estrea do Avril: cando as demoras no Alvia acabaron reducindo a seguridade e ocorreu o accidente de Angrois
- HEMEROTECA (16/5/2024) | A estrea dos trens Avril inicia unha xeira de melloras ferroviarias que continuarán "xa" os Avlo de baixo custe
- HEMEROTECA (7/7/2022) | Renfe prevé sancionar a Talgo por non entregar os trens que estenderán máis a alta velocidade por Galicia e o PP culpa a Sánchez
O Ministerio de Sanidade alerta de risco medio para a saúde este martes por altas temperaturas no Baixo Miño. O resto da provincia de Pontevedra está en nivel baixo.