O Ministerio de Sanidade alerta de risco medio para a saúde este martes por altas temperaturas no Baixo Miño. O resto da provincia de Pontevedra está en nivel baixo.

O Ministerio de Sanidade alerta de risco medio para a saúde este martes por altas temperaturas no Baixo Miño. O resto da provincia de Pontevedra está en nivel baixo.
O Concello de Vigo di que non autorizou, por falta de documentación, a atracción na que esta fin de semana morreu un home nas festas de Matamá. Segundo o goberno local, tanto o propietario da atracción como a comisión de festas "tiveron notificación escrita da falta de autorización por non atender os requirimentos de documentación".
Detido un home como presunto autor da morte dunha muller de 74 anos na Coruña. O sospeitoso pasou a disposición xudicial o sábado pola tarde e o Xulgado de Instrución 1 da Coruña decretou o seu ingreso en prisión provisional investigado por un delito de homicidio. O Ministerio de Igualdade estuda que poida ser unha morte por violencia de xénero. [Imaxe: CC-BY-NC-SA Gz Contrainfo]
O tomiñés Manuel Ochoa disputa esta tarde, a partir das 15.30, os cuartos de final de kayak cross nos Xogos Olímpicos. Na fin de semana, o cubano afincado na Coruña Enmanuel Reyes logrou a medalla de bronce en boxeo e a ribeirense Ana Peleteiro quedou sexta en triplo salto. [Foto: @RFEP]
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para lerdes e o luns estamos de volta.
Ana Peleteiro clasifícase ao primeiro intento para a final de triplo salto deste sábado nos Xogos Olímpicos. Con 14 metros e 36 centímetros logra un centímetro máis da mínima requirida. [Imaxe: RFEA]
Liberado por Polonia o xornalista español Pablo González, nacido en Rusia e acusado de espiar para ese país, no marco dun intercambio de presos entre Moscú e Occidente. González, que levaba dous anos e medio preso sen ser xulgado, foi candidato en 2022 ao Premio á Liberdade de Prensa que outorga o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e que acabaría gañando Érika Reija. [Imaxe: EITB]
Enmanuel Reyes Pla, boxeador de orixe cubana e afincado na Coruña dende hai anos, asegura unha medalla na competición olímpica de -92 quilos. Alcumado O Profeta, gañou con claridade o seu combate de cuartos de final ao belga Schelstraete e o domingo 4 ás 13:08 horas buscará na semifinal entrar na loita polo ouro, o venres 9. Mesmo de perder a semifinal, Reyes Pla, acadaría unha medalla de bronce. Imaxe: COE
O moañés Rodrigo Conde finaliza quinto a final do dobre scull, no que competía do catalán Aleix García. A parella finalizou a cinco segundos do bronce.
Morre con 88 anos Francisco Puy, membro da Comisión dos 16 que en 1979 elaborou un Estatuto de Autonomía despois recortado pero que serviu de base para o finalmente aprobado. Puy, doutor en Dereito e catedrático da USC, era pai de Pedro Puy Fraga, agora deputado do PP no Congreso e durante a última década portavoz no Parlamento de Galicia, e estaba casado cunha irmá de Manuel Fraga. [Imaxes: Parlamento de Galicia e Real Academia Galega de Xurisprudencia].