O moañés Rodrigo Conde finaliza quinto a final do dobre scull, no que competía do catalán Aleix García. A parella finalizou a cinco segundos do bronce.
Fálase
Morre con 88 anos Francisco Puy, membro da Comisión dos 16 que en 1979 elaborou un Estatuto de Autonomía despois recortado pero que serviu de base para o finalmente aprobado. Puy, doutor en Dereito e catedrático da USC, era pai de Pedro Puy Fraga, agora deputado do PP no Congreso e durante a última década portavoz no Parlamento de Galicia, e estaba casado cunha irmá de Manuel Fraga. [Imaxes: Parlamento de Galicia e Real Academia Galega de Xurisprudencia].
Ence e Xunta anuncian un novo reparto de 3 millóns de euros en subvencións da empresa a entidades de Pontevedra. As axudas forman parte do acordo que Ence asinou co Goberno galego cando Rajoy ampliou a súa concesión na ría, pero a Xunta vén evitando fiscalizar o seu cumprimento. [Imaxe: Ence]
- A Xunta non levanta actas do comité que supervisa como Ence subvenciona con 3 millóns ao ano a 300 entidades de Pontevedra
- Ence dáse de 5 a 10 anos para comezar a executar melloras ambientais que asinou hai 8 anos
- A Xunta incorpora a Ence a un pacto polo clima que aposta pola "integridade" do mar e "a protección da biodiversidade"
Luis Yang gaña o I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2023-2024 coa súa obra ‘Sunny 16’. O xurado decidiu outorgarlle un accésit con diploma a Gemma Pérez pola súa obra ‘Mi nick era #humeda’. Na rolda final de clasificados foron tamén seleccionados os fanzines ‘Macheta 7’, da Asociación Artístico-cultural Huhú e Asociación Teixo; ‘Así somos’, de Raquel Montero; e ‘sólo una vez más’, de Aisha Rey
Pedro Sánchez querélase contra o xuíz Peinado por prevaricación. A decisión chega na xornada en que o maxistrado que investiga á súa esposa, Begoña Gómez, acudiu ao Palacio de La Moncloa a tomarlle declaración como testemuña, acto no que o presidente do Goberno de España se acolleu ao seu dereito a non declarar e no que Peinado estivo acompañado por avogados das persoas investigadas no caso e mais dunha avogada de Vox no rol de coordinadora das partes que comparecen como acusacións populares. [Imaxe: CC-BY-NC-ND Eugenia Morago / PSOE]
- HEMEROTECA | Que non volva medrar a herba
- OPINIÓN | A denuncia de Begoña Gómez por tráfico de influencias. Por Carlos Amoedo
- HEMEROTECA | Pedro Sánchez queda e promete a "rexeneración pendente da nosa democracia"
O xuíz Peinado acode á Moncloa a interrogar como testemuña a Pedro Sánchez, que se acolle ao seu dereito a non declarar. O maxistrado citou o presidente do Goberno de España no marco do caso que segue contra a súa esposa, Begoña Gómez, orixinado nunha denuncia da organización ultra Manos Limpias. Tras rexeitar a petición de Sánchez de usar o suposto legal de declarar por escrito, Peinado foi á sede da presidencia do Goberno acompañado das defensa das tres persoas investigadas no caso e mais dunha avogada de Vox no rol de coordinadora das partes que comparecen como acusacións populares. [Na imaxe, de arquivo, Sánchez nas instalacións do Palacio de La Moncloa [© Pool Moncloa / Borja Puig de la Bellacasa]
- HEMEROTECA | Que non volva medrar a herba
- OPINIÓN | A denuncia de Begoña Gómez por tráfico de influencias. Por Carlos Amoedo
- HEMEROTECA | Pedro Sánchez queda e promete a "rexeneración pendente da nosa democracia"
ERC anuncia un preacordo para investir o socialista Salvador Illa como novo presidente da Generalitat catalá. A formación republicana asegura que ese pacto, que dependerá en última instancia dunha votación da súa militancia, inclúe competencias para que o Goberno catalán recade "o 100% dos impostos" xerados no seu territorio, entre outras mudanzas que, admiten, precisarían dunha reforma da lei que rexe o modelo de financiamento das comunidades autónomas, caducado dende 2014. Na imaxe, dirixentes de ERC anunciando o preacordo o pasado serán.
Alberto Ramos gaña o 19º Premio Abrente de textos teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia co texto Os servizos prestados. O xurado destaca a obra "polo seu interese social, con posibilidade de xerar debate arredor da explotación e da autoexplotación laboral e o risco que conleva de perda de dereitos da clase traballadora conquistados historicamente". O premio do público da MIT foi para Iribarne, de ButacaZero. [Imaxe: © Sabela Iglesias]
A Asociación Pro-Fundación Manoel Vello celebra a súa primeira xornada sobre o uso do galego nas contornas dixital, laboral e radiofónica. A 1ª Xornada Manoel Vello, dedicada ao galeguista finado en decembro do ano 2022, terá lugar o venres 2 de agosto na Casa de Cornes, en Santiago de Compostela,
Primeira valoración da Xunta sobre sentenza do accidente de Angrois: a preguntas da prensa tras o Consello, Rueda "celebra" que "houbese unha sentenza" tras once anos e asegura que se "alegra" se "as vítimas e as súas familias se senten reparadas". En calquera caso, o presidente considera que "unha vez que hai unha sentenza, sempre hai xustiza" aínda que "poida gustar máis ou menos". [Imaxe: CC BY-SA Mónica Arcay Carro / Xunta]