As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para lerdes e o luns estamos de volta.

As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para lerdes e o luns estamos de volta.
Ana Peleteiro clasifícase ao primeiro intento para a final de triplo salto deste sábado nos Xogos Olímpicos. Con 14 metros e 36 centímetros logra un centímetro máis da mínima requirida. [Imaxe: RFEA]
Liberado por Polonia o xornalista español Pablo González, nacido en Rusia e acusado de espiar para ese país, no marco dun intercambio de presos entre Moscú e Occidente. González, que levaba dous anos e medio preso sen ser xulgado, foi candidato en 2022 ao Premio á Liberdade de Prensa que outorga o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e que acabaría gañando Érika Reija. [Imaxe: EITB]
Enmanuel Reyes Pla, boxeador de orixe cubana e afincado na Coruña dende hai anos, asegura unha medalla na competición olímpica de -92 quilos. Alcumado O Profeta, gañou con claridade o seu combate de cuartos de final ao belga Schelstraete e o domingo 4 ás 13:08 horas buscará na semifinal entrar na loita polo ouro, o venres 9. Mesmo de perder a semifinal, Reyes Pla, acadaría unha medalla de bronce. Imaxe: COE
O moañés Rodrigo Conde finaliza quinto a final do dobre scull, no que competía do catalán Aleix García. A parella finalizou a cinco segundos do bronce.
Morre con 88 anos Francisco Puy, membro da Comisión dos 16 que en 1979 elaborou un Estatuto de Autonomía despois recortado pero que serviu de base para o finalmente aprobado. Puy, doutor en Dereito e catedrático da USC, era pai de Pedro Puy Fraga, agora deputado do PP no Congreso e durante a última década portavoz no Parlamento de Galicia, e estaba casado cunha irmá de Manuel Fraga. [Imaxes: Parlamento de Galicia e Real Academia Galega de Xurisprudencia].
Ence e Xunta anuncian un novo reparto de 3 millóns de euros en subvencións da empresa a entidades de Pontevedra. As axudas forman parte do acordo que Ence asinou co Goberno galego cando Rajoy ampliou a súa concesión na ría, pero a Xunta vén evitando fiscalizar o seu cumprimento. [Imaxe: Ence]
Luis Yang gaña o I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2023-2024 coa súa obra ‘Sunny 16’. O xurado decidiu outorgarlle un accésit con diploma a Gemma Pérez pola súa obra ‘Mi nick era #humeda’. Na rolda final de clasificados foron tamén seleccionados os fanzines ‘Macheta 7’, da Asociación Artístico-cultural Huhú e Asociación Teixo; ‘Así somos’, de Raquel Montero; e ‘sólo una vez más’, de Aisha Rey
Pedro Sánchez querélase contra o xuíz Peinado por prevaricación. A decisión chega na xornada en que o maxistrado que investiga á súa esposa, Begoña Gómez, acudiu ao Palacio de La Moncloa a tomarlle declaración como testemuña, acto no que o presidente do Goberno de España se acolleu ao seu dereito a non declarar e no que Peinado estivo acompañado por avogados das persoas investigadas no caso e mais dunha avogada de Vox no rol de coordinadora das partes que comparecen como acusacións populares. [Imaxe: CC-BY-NC-ND Eugenia Morago / PSOE]
O xuíz Peinado acode á Moncloa a interrogar como testemuña a Pedro Sánchez, que se acolle ao seu dereito a non declarar. O maxistrado citou o presidente do Goberno de España no marco do caso que segue contra a súa esposa, Begoña Gómez, orixinado nunha denuncia da organización ultra Manos Limpias. Tras rexeitar a petición de Sánchez de usar o suposto legal de declarar por escrito, Peinado foi á sede da presidencia do Goberno acompañado das defensa das tres persoas investigadas no caso e mais dunha avogada de Vox no rol de coordinadora das partes que comparecen como acusacións populares. [Na imaxe, de arquivo, Sánchez nas instalacións do Palacio de La Moncloa [© Pool Moncloa / Borja Puig de la Bellacasa]