As deputadas do PP no Parlamento acoden ao pleno con roupas con estampados de peles de animais. Fano para simbolizar que é "inaceptable o cuestionamento dunha muller pola súa vestimenta", o cal consideran que "fixo o presidente socialista da Deputación de Lugo", José Tomé, ao comentar a apariencia da popular Elena Candia durante a súa participación nunha protesta organizada polos populares ante a sede da institución lucense. Tomé, que pediu desculpas a Candia, cre que que o PP manipulou as súas palabras e resalta que estaba a comparar o acto do PP co asalto trumpista ao Capitolio dos EUA. (Imaxe: PPdeG)
