O Colexio de Avogados de Ourense aproba por unanimidade mudar a súa denominación pola de Colexio da Avogacía de Ourense. A votación celebrada no serán deste xoves converte o colexio ourensán no primeiro de Galicia en tomar esta decisión a prol da linguaxe inclusiva. Na imaxe, un intre da votación e un dos actuais rótulos da institución.
