Independentes por Monterroso leva finalmente a alcaldía da vila ao manter a xustiza a nulidade dun voto que faría empatar con eles ao PSdeG. Monterroso e Burela foron os dous concellos galegos nos que non se puido constituír a Corporación municipal o pasado 15 de xuño pendentes de recursos xudiciais sobre o escrutinio.
Fálase
O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia cumpre 75 anos e en VINTE contan a súa paixón pola montaña.
Borrell renuncia á acta de eurodeputado para seguir sendo ministro de Exteriores. Foi o cabeza de lista do PSOE nas eleccións europeas, nas que os socialistas foron os máis votados.
O Constitucional desestima os recursos contra o arquivo da causa polo asasinato do cámara galego José Couso en Iraq. Está a contalo eldiario.es
As papeletas sobrantes das municipais e europeas reviven en San Sadurniño como cadernos. Foron elaborados por participantes do centro Aspaneps de Fene, que traballa con persoas con discapacidade.
O pacto asinado polo PP con Vox para conformar "gobernos de coalición" en "todas aquelas poboacións" nas que puidesen "impedir un goberno de esquerdas" xunto a Ciudadanos incluíu entre as súas condicións non facelo público. A formación de extrema dereita, que non obtivo ningún edil en Galicia nas pasadas municipais, divulgouno este martes porque considera que os populares o incumpriron.
A alcaldesa da Coruña asume a xestión directa das áreas de Barrios, Seguridade e Normalización Lingüística no novo goberno da cidade. A primeira tenencia de Alcaldía exerceraa Juan Ignacio Borrego, edil de Deportes, e a segunda é para Yoya Neira, edil de Igualdade, Benestar e Participación Cidadá. Inés Rey asignou este martes as áreas do seu gabinete, que terá como voceiro a José Manuel Lage, novo concelleiro de Facenda, e a Juan Díaz Villoslada como responsable de Urbanismo.
A creación de videoxogos xa se pode estudar na Coruña. Vinte achégase a esta nova titulación da Facultade de Comunicación da UDC en vésperas da XVIII edición do congreso internacional Mundos Digitales.
O pleno do Parlamento comeza cun minuto de silencio polo falecemento do deputado socialista Raúl Fernández. Unha rosa lembra o parlamentario ourensán no seu escano no grupo do PSdeG.
Ferido un traballador nas obras do AVE en Vilar de Barrio tras sufrir un accidente cun vehículo. Desde o inicio dos traballos en 2001 van xa 12 falecidos na construción do tren de alta velocidade en Galicia.