Ferido un traballador nas obras do AVE en Vilar de Barrio tras sufrir un accidente cun vehículo. Desde o inicio dos traballos en 2001 van xa 12 falecidos na construción do tren de alta velocidade en Galicia.
Fálase
O Deportivo perde 3-0 en Mallorca no partido de volta tras gañar 2-0 no de ida e non logra ascender a Primeira División.
O Deportivo xoga esta noite ás 21.00 horas en Mallorca o partido definitivo para ascender a Primeira División tras gañar 2-0 na ida. A posible celebración coincidiría na Coruña coa da noite de San Xoán.
O Supremo condena aos cinco de ‘La Manada’ por violación. O alto tribunal considera que foron autores dun delito continuado de agresión sexual e non só de abuso sexual, como consideraran a Audiencia e o Tribunal Superior de Justicia de Navarra e eleva a 15 anos a pena de cadea. [Imaxe: eldiario.es]
Mondoñedo e Lourenzá acollen este sábado varios actos de homenaxe ao guerrilleiro Luís Trigo Chao, ‘O Gardarrios’. Foi asasinado en Lourenzá o 25 de xuño de 1948.
Marea Atlántica organiza o seu grupo municipal e elixe como voceira a María García, como coordinador e vicevoceiro a Iago Martínez e como deputado provincial a Alberto Lema. María García era a primeira tenente de alcalde e concelleira de Medio Ambiente no anterior mandato e ía de número 2 na lista do 26M tras o dimitido Xulio Ferreiro.
O Defensor do Pobo Europeo admite a trámite a reclamación da plataforma de vítimas de Angrois para que a Comisión Europea lles facilite información sobre o procedemento sancionador que abriu contra España. Os afectados tamén lle pediron amparo por non ter realizado aínda España a investigación técnica independente do sinistro que vén reclamando a Comisión Europa.
Fomento adxudica a redacción do estudo co que se dá dous anos máis para decidir se evita que o tren A Coruña Ferrol dea un rodeo por Betanzos. Adiántao La Opinión, que ratifica que a empresa terá 24 meses para analizar posibles alternativas que se engadirán aos cando menos 6 informes oficiais xa elaborados sobre ese problema desde 2003.
O Deportivo gaña 2-0 (goles de Fede e Quique) ao Mallorca na ida da eliminatoria definitiva para o ascenso a Primeira División. O partido de volta é o domingo ás 21.00 horas en Mallorca.
Falece o deputado do PSdeG por Ourense Raúl Fernández. Así o vén de confirmar o Grupo Parlamentario Socialista, que amosa "o máis sincero agarimo para acompañar a súa familia e amigos no momento máis difícil". "Raúl foi un exemplo de honestidade, bo facer, traballo e dedicación ao longo de toda a súa traxectoria profesional e política, ademais de un compañeiro insubstituíble neste Grupo Parlamentario", agregan. O Parlamento vén de declarar loito oficial polo seu pasamento.