O pacto asinado polo PP con Vox para conformar "gobernos de coalición" en "todas aquelas poboacións" nas que puidesen "impedir un goberno de esquerdas" xunto a Ciudadanos incluíu entre as súas condicións non facelo público. A formación de extrema dereita, que non obtivo ningún edil en Galicia nas pasadas municipais, divulgouno este martes porque considera que os populares o incumpriron.
Fálase
A alcaldesa da Coruña asume a xestión directa das áreas de Barrios, Seguridade e Normalización Lingüística no novo goberno da cidade. A primeira tenencia de Alcaldía exerceraa Juan Ignacio Borrego, edil de Deportes, e a segunda é para Yoya Neira, edil de Igualdade, Benestar e Participación Cidadá. Inés Rey asignou este martes as áreas do seu gabinete, que terá como voceiro a José Manuel Lage, novo concelleiro de Facenda, e a Juan Díaz Villoslada como responsable de Urbanismo.
A creación de videoxogos xa se pode estudar na Coruña. Vinte achégase a esta nova titulación da Facultade de Comunicación da UDC en vésperas da XVIII edición do congreso internacional Mundos Digitales.
O pleno do Parlamento comeza cun minuto de silencio polo falecemento do deputado socialista Raúl Fernández. Unha rosa lembra o parlamentario ourensán no seu escano no grupo do PSdeG.
Ferido un traballador nas obras do AVE en Vilar de Barrio tras sufrir un accidente cun vehículo. Desde o inicio dos traballos en 2001 van xa 12 falecidos na construción do tren de alta velocidade en Galicia.
O Deportivo perde 3-0 en Mallorca no partido de volta tras gañar 2-0 no de ida e non logra ascender a Primeira División.
O Deportivo xoga esta noite ás 21.00 horas en Mallorca o partido definitivo para ascender a Primeira División tras gañar 2-0 na ida. A posible celebración coincidiría na Coruña coa da noite de San Xoán.
O Supremo condena aos cinco de ‘La Manada’ por violación. O alto tribunal considera que foron autores dun delito continuado de agresión sexual e non só de abuso sexual, como consideraran a Audiencia e o Tribunal Superior de Justicia de Navarra e eleva a 15 anos a pena de cadea. [Imaxe: eldiario.es]
Mondoñedo e Lourenzá acollen este sábado varios actos de homenaxe ao guerrilleiro Luís Trigo Chao, ‘O Gardarrios’. Foi asasinado en Lourenzá o 25 de xuño de 1948.
Marea Atlántica organiza o seu grupo municipal e elixe como voceira a María García, como coordinador e vicevoceiro a Iago Martínez e como deputado provincial a Alberto Lema. María García era a primeira tenente de alcalde e concelleira de Medio Ambiente no anterior mandato e ía de número 2 na lista do 26M tras o dimitido Xulio Ferreiro.