O PP de Vigo abandona as denuncias xudiciais que interpuxo contra Abel Caballero no anterior mandato para abrir “un novo tempo político”. Tras o seu afundimento electoral, os populares admiten agora que hai outros “cauces máis adecuados” que persoarse en casos como o do accidente do Marisquiño, que evidenciou un interese particular máis alá da investigación do ocorrido.
