Así fomos contando ao vivo a xornada electoral deste 10N desde a apertura dos colexios ata o inicio do escrutinio.
Fálase
Evo Morales anuncia novas eleccións en Bolivia tras as protestas desencadeadas polas acusacións de fraude nos comicios de outubro lanzadas pola oposición. Horas máis tarde, Morales anunciou a súa renuncia.
A ilustradora ourensá Manuela Elizabeth Rodríguez gaña a segunda edición do premio Compostela Ilustrada, que hoxe se entregou no Casino de Santiago, cunha ilustración da Rúa do Vilar elaborada o pasado xoves.
Os cabezas de lista das principais forzas políticas dedican a xornada de reflexión previa ao 10N a recoller cogomelos, tomar un vermú ou pasear con compañeiros de partido ou gozar dun magosto, tal e como difunden as propias organizacións ou os candidatos nas súas redes sociais.
Detido un home logo de causar importantes danos nos xulgados de violencia sobre a muller de Vigo. O responsable confesou os feitos ao pouco tempo.
O PSOE denuncia o PP ante a Axencia Española de Protección de Datos polo envío masivo de SMS. Os socialistas argumentan unha "posible vulneración da lexislación de protección de datos" do 1,2 millóns de persoas que recibiron o texto.
A alcaldesa de Moraña, do PP, pide o voto regalando lotería de Nadal. O PSOE denunciou xa os feitos ante a Xunta Electoral e urxe a unha multa exemplar para a rexedora Luisa Piñeiro.
Alarma en Pontevedra por un virulento incendio nun dos estaleiros de Praceres. O lume nun dos barcos da instalacións iniciouse pasadas as 12 da noite, segundo conta Pontevedra Viva.
O xuíz ordena a excarceración de Lula da Silva vinte e catro horas despois de que o Supremo determinase que é inconstitucional que o presidente do Brasil fose enviado a prisión tras ser condenado en segunda instancia e cando aínda non se resolveron todos os seus recursos.
10N | O PP ameaza á web satírica El Mundo today con "accións penais" por facer versións paródicas da súa propaganda electoral. Os populares xa ameazaran cunha demanda a este portal humorístico por outra parodia na campaña das xerais de 2016.