Un empresario asegura que fixo pagamentos á caixa B do PP a cambio de adxudicacións públicas. Na gravación, difundida pola Cadena SER, escóitase a voz de Rafael Palencia, que foi citado a declarar ante o xuíz que instrúe a causa dos papeis de Bárcenas, nos que se recollía a suposta contabilidade irregular dos populares.
Fálase
O FIOT de Carballo, o Play-Doc de Tui e o Portal das Palabras optarán este ano ao premio do público do Culturgal. A Feira Galega das Industrias Culturais abriu xa a votación en liña para o galardón, que será entregado no marco da décima edición desta cita, do 1 ao 3 de decembro en Pontevedra.
A Xunta insta os concellos da costa sur de Pontevedra a reducir un 10% o seu consumo de auga en dez días. A medida afecta fundamentalmente ao Val Miñor, Oia e O Rosal. O embalse de Baíña, que abastece a Baiona, está ao 28% e o de Zamáns, de apoio a Vigo, Nigrán e Gondomar, ao 38%. No resto de Galicia estanse a producir outras situación similares.
Estudantes ocupan simbolicamente a Consellería de Educación a dous días da folga convocada por Erguer e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Os activistas despregaron unha pancarta desde a fiestra na que se lía “Por unha Lei Galega de Educación. Folga 16 de novembro”.
PP e Unidos Podemos e as súas confluencias baixan a súa expectativa de voto e PSOE e Ciudadanos mellórana tras a aplicación do 155 en Catalunya. Así o reflicte a enquisa que publica eldiario.es de Celeste-Tel.
O PP de Vigo reclama á Xunta que retire o cobro de taxas por fondear nas Cíes. “Non se entenden”, di a portavoz municipal e ex-conselleira de Facenda Elena Muñoz.
Gonzalo Caballero designa xestoras para dirixir o PSdeG na Coruña e Ourense ata as primarias dos próximos meses. Na Coruña estará encabezada polo vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, e en Ourense por Miguel Bautista, alcalde de Petín. A medida prodúcese tras a dimisións de Julio Sacristán como secretario provincial na Coruña e da metade da executiva ourensá. En Ourense as primarias serán o 17 de decembro pero na Coruña aínda non hai data.
O ministro de Xustiza ocultou que o fallo do sistema Lexnet propiciou máis de 400 descargas de documentación confidencial. Cóntao eldiario.es
Puigdemont liderará unha candidatura transversal do PDeCAT que tamén incluirá os ex-consellers cesados que queiran unirse.
Antón Sánchez cre que a posición do PSOE con Catalunya é "indigna" por "estaren do lado da regresión fascista". O deputado lembra que o dereito de autodeterminación está no programa de En Mara e é un "fundamento esencial" no proxecto.