A presidenta electa da Comisión Europea, Ursula Von Der Leyen, dá a coñecer o reparto de carteiras do seu equipo, con Josep Borrell como un dos vicepresidentes e Alto Representante para a política exterior. Agora as persoas que optan a estes cargos na nova Comisión teñen que ser avaliadas polo Parlamento Europeo. Entre as novidades figura a controvertida inclusión das políticas migratorias nunha área para "protexer o noso estilo de vida europeo".
