Yolanda Díaz ratifica ao rei "o voto favorable de Galicia en Común á investidura de Pedro Sánchez" no marco do pacto do PSOE con Unidas Podemos. En rolda de prensa xunto a Antón Gómez-Reino tras a xuntanza co xefe do Estado, afirma que transmitiu ao monarca as prioridades "sociais" do Goberno de coalición e as "demandas de Galicia" na vindeira lexislatura estatal, destacan.
Fálase
Os remolcadores logran desencallar o Blue Star da costa de Ares 18 días despois do seu embarrancamento. Un novo intento coincidindo coa preamar consegue retirar o buque das rochas. Toda a información e vídeo, neste espazo
PSOE e Esquerra "constatan avances" na negociación para a investidura de Pedro Sánchez tras o seu terceiro encontro, celebrado hoxe en Barcelona. Así o afirman nun comunicado conxunto asinado por PSOE, PSC e ERC. Os partidos prevén novos encontros.
O popular Juan Domingo de Deus, novo alcalde de Mugardos tras triunfar a moción de censura presentada por populares e socialistas contra a alcaldesa de EU, Pilar Díaz, que dimitiu dúas horas antes do debate. A moción de censura carecía de aval da Executiva Nacional do PSdeG. (Imaxe: retransmisión TVG)
O Blue Star permanece encallado tras fracasar un novo intento para reflotalo na pasada madrugada. "Non se deron as circunstancias para tirar durante a pleamar", aclara a Delegación do Goberno en Galicia, que asegura que a operación "retomarase nos vindeiros días", cando as condicións permitan volver intentalo.
Dimite a alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz (EU) a apenas dúas horas do debate da moción de censura contra ela, segundo confirma Radio Ferrol da Cadena SER. Segundo a lei electoral, a "dimisión sobrevida" da alcaldesa "non suspende a tramitación e votación" da moción, se ben o PSdeG suxeriu que a marcha de Díaz, que prevé continuar como concelleira, podería levalo a reconsiderar a súa posición ao respecto.
A acción feminista Un violador no teu camiño lanzada polo colectivo chileno Las Tesis continúa a espallarse polo mundo, tamén en Galicia. O pasado serán, unhas 300 mulleres realizaron esta acción de denuncia na compostelá Praza do Obradoiro. (Vídeo: O Salto Galiza)
Dimite a xunta directiva do Deportivo da Coruña para "propiciar o nomeamento dun novo equipo de goberno". A situación do club coruñés está marcada pola mala xeira de resultados do primeiro equipo masculino, actualmente pechacancelas da Segunda división.
O primeiro intento para desencallar o 'Blue Star' non dá resultado malia lograr mover a popa uns oito metros a babor. A empresa SMIT decidirá agora se o volve intentar na seguinte pleamar á espera de grandes ondas que axuden na operación de refrote.
Larsa, Martín Códax, Queixos Hoxe e a loita contra o acoso do alumnado do IES Leixa, galardoados na XXVI edición dos Premios de Publicidade en Galego. O Parlamento acolleu este luns a entrega dos premios convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración do Foro Enrique Peinador e a Cámara galega.