Miguel de Lira, distinguido co XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva, que concede o Concello de Padrón. O xurado decidiu outorgarllo por unanimidade pola súa interpretación en Curva España, de Chévere, na que "fixo unha importante posta en valor da oralidade en lingua galega como factor distintivo da teatralidade da comunidade", salientan. Na imaxe, o actor nunha escena da adaptación ao cinema de Eroski Paraíso.
