Plataformas de pensionistas de todo o Estado mobilízanse ante o Congreso tras días de marchas de protesta para reivindicar as pensións públicas e o mantemento do seu poder adquisitivo (Imaxe: UP)

Plataformas de pensionistas de todo o Estado mobilízanse ante o Congreso tras días de marchas de protesta para reivindicar as pensións públicas e o mantemento do seu poder adquisitivo (Imaxe: UP)
A serie Hierro, que dirixe o galego Jorge Coira, leva o Premio Ondas á mellor serie española ex aequo con 'Arde Madrid'. Ambas son da plataforma Movistar+. Ademais, a actriz Candela Peña obtén o Ondas á mellor interpretación polo seu papel nesta serie.
As fortes chuvias obrigan á apertura as comportas do encoro de Santa Uxía, en Dumbría, e con ela a auga flúe con forza na fervenza do Ézaro. Imaxes divulgadas polo Concello de Dumbría
As Pontes, paralizada pola folga xeral que reclama unha "transición xusta" tras o anuncio de Endesa do peche da central térmica. Comercio, entidades bancarias ou colexios permanecen pechados e máis dun cento de camións, 20 autocares e coches particulares acoden a Madrid para manifestarse ante o Congreso dos Deputados. Máis información, hoxe en Praza.gal.
ENQUISA | A expectativa de voto ao PP segue ascendendo cara ás xerais do 10N, xa supera os 100 escanos e sitúase apenas quince por tras do PSOE, segundo o inquérito de Celeste-Tel para eldiario.es
Celébrase en Vigo o derradeiro gran xuízo pola venda de produtos falsificados no Mercado da Pedra cinco anos despois da gran redada. A Asociación de Comerciantes vén subliñando que os negocios legais seguen a padecer as consecuencias daquel episodio, como relataban nesta reportaxe
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia manifestouse este luns ante sedes da Xunta en Santiago, A Coruña e Ourense para alertar de que nas vindeiras oposicións incorpore a esta profesión persoal doutras titulacións.
A plataforma Galiza con Catalunya mobilízase en vilas e cidades en rexeitamento á sentenza do procés, que impón condenas de 9 a 13 anos de cadea aos líderes independentistas cataláns. Na fotografía, inicio da concentración na Coruña e nesta ligazón, máis imaxes doutras localidades.
Toda a oposición galega rexistra unha petición de comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade pola morte dun home en Dozón mentres esperaba a chegada dunha ambulancia durante máis de 45 minutos, segundo informou Faro de Vigo
O xuíz Llarena reactiva a euroorde de detención contra Carles Puigdemont tras a sentenza do procés. Agora reclámao por delitos de sedición e malversación, polos que vén de ditar condenas o Supremo, e desbota o de rebelión que defendeu anteriormente.