As fortes chuvias obrigan á apertura as comportas do encoro de Santa Uxía, en Dumbría, e con ela a auga flúe con forza na fervenza do Ézaro. Imaxes divulgadas polo Concello de Dumbría
Fálase
As Pontes, paralizada pola folga xeral que reclama unha "transición xusta" tras o anuncio de Endesa do peche da central térmica. Comercio, entidades bancarias ou colexios permanecen pechados e máis dun cento de camións, 20 autocares e coches particulares acoden a Madrid para manifestarse ante o Congreso dos Deputados. Máis información, hoxe en Praza.gal.
ENQUISA | A expectativa de voto ao PP segue ascendendo cara ás xerais do 10N, xa supera os 100 escanos e sitúase apenas quince por tras do PSOE, segundo o inquérito de Celeste-Tel para eldiario.es
Celébrase en Vigo o derradeiro gran xuízo pola venda de produtos falsificados no Mercado da Pedra cinco anos despois da gran redada. A Asociación de Comerciantes vén subliñando que os negocios legais seguen a padecer as consecuencias daquel episodio, como relataban nesta reportaxe
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia manifestouse este luns ante sedes da Xunta en Santiago, A Coruña e Ourense para alertar de que nas vindeiras oposicións incorpore a esta profesión persoal doutras titulacións.
A plataforma Galiza con Catalunya mobilízase en vilas e cidades en rexeitamento á sentenza do procés, que impón condenas de 9 a 13 anos de cadea aos líderes independentistas cataláns. Na fotografía, inicio da concentración na Coruña e nesta ligazón, máis imaxes doutras localidades.
Toda a oposición galega rexistra unha petición de comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade pola morte dun home en Dozón mentres esperaba a chegada dunha ambulancia durante máis de 45 minutos, segundo informou Faro de Vigo
O xuíz Llarena reactiva a euroorde de detención contra Carles Puigdemont tras a sentenza do procés. Agora reclámao por delitos de sedición e malversación, polos que vén de ditar condenas o Supremo, e desbota o de rebelión que defendeu anteriormente.
Máis de 11.000 persoas viron O que arde na súa primeira fin de semana nas salas comerciais. O filme de Oliver Laxe estreouse o pasado venres en 49 salas de todo o Estado en versión orixinal. Foi ademais a "segunda mellor estrea independente da fin de semana", segundo subliña NUMAX Distribución.
Persoal de empresas auxiliares da central térmica de Endesa nas Pontes inicia unha ocupación das oficinas da compañía eléctrica na Coruña "para reclamar compromisos de emprego e garantías de que non se van producir despedimentos nas contratas no proceso de transformación das instalacións". (Imaxe: CIG)