O Concello da Coruña dá por feita a suspensión do San Xoán pola crise do coronavirus, segundo adiantou a alcaldesa, Inés Rey, en Radio Coruña. A rexedora non ve viable xuntar milleiros de persoas nas praias urbanas da cidade logo de semanas de confinamento.
