Rueda avanza que Galicia será "fundamental" para a vitoria de Feijóo nas vindeiras eleccións do Estado. O líder do PPdeG e presidente da Xunta volve acompañar ao presidente estatal do PP na romaría do Pino e incide en sinalar que os comicios estatais son inminentes: "É o momento de dicir a todos os españois que aquí houbo un gran presidente de Galicia e moi pronto haberá un gran presidente de España". Así, asegura que o PPdeG "aportará, construirá e traballará con forza para levar a Feijóo á presidencia".
- Dos produtos á política, a industria e o turismo: a Xunta estira a marca Galicia Calidade 35 anos despois
- CRÓNICA | Auditoría si pero non aquí: do silencio do PP por Angrois ao "catastrófico" dos atrasos no AVE Madrid-Sevilla
- HEMEROTECA | Von der Leyen no Pino: o PPdeG torna o "Bruxelas lexisla ás costas de agricultores e gandeiros" nun "querida Ursula"