Prisión provisional para un home por queimar presuntamente a casa da súa ex-parella en Tomiño. A muller estaba na vivenda pero non sufriu danos.

Prisión provisional para un home por queimar presuntamente a casa da súa ex-parella en Tomiño. A muller estaba na vivenda pero non sufriu danos.
O apoio de PSOE e Junts garante que o Congreso tramitará unha lei para o embargo de armas a Israel, impulsada por Sumar, BNG, Podemos e ERC. Reino Unido vén de suspender as negociacións comerciais co Estado israelí pola súa "intolerable" ofensiva en Gaza.
Investigan un posible caso de violencia machista no Barco de Valdeorras. Unha muller precipitouse dun cuarto piso na mañá deste martes e foi trasladada ao hospital en estado grave. A súa parella foi detida, permanece en dependencias policiais á espera de pasar a disposición xudicial. Máis información, en Praza.gal [📸 Concello do Barco de Valdeorras]
112 Galicia confirma que non lle afecta o fallo na rede telefónica fixa que impide o acceso a servizos de emerxencia noutros puntos do Estado.
Grande Amore súmase ao cartel das Festas da Ascensión de Santiago no marco do Composfest que promove a SD Compostela canda o Concello. Celébrase o 30 de maio dende as 20h30 na Praza da Quintana, onde a banda liderada polo mariñao Nuno Pico comparte cartel con Houlin’Jaus e Helena Egea.
O Xulgado rexeita suspender cautelarmente a expulsión de catro dos seis edís do PSdeG en Santiago, que dende a pasada semana teñen a condición de non adscritos como consecuencia da decisión do partido. A xuíza indica que "o paso á condición de non adscritos supón a perda de dereitos e atribucións que a lei establece en consideración ao grupo municipal, pois se non se pertence a el non se pode gozar dos seus beneficios, pero non daqueles que constitúen o núcleo da función representativa". Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Mila Castro e Marta Álvarez reclamaban "que se declarase o seu dereito a ser repostos na plenitude dos seus dereitos persoais e políticos, tanto como afiliados ao PSOE como na súa condición" de membros do grupo municipal. Contra este auto cabe recurso na Audiencia da Coruña.
Falece Manuel Torreiglesias, presentador de programas como 'Boa Saúde' e 'Meigas Fóra' na TVG e de 'Saber Vivir' en TVE. Distinguido como fillo predilecto do Concello de Pontedeume, morreu este luns aos 84 anos.
O Exército de Israel advirte dun "ataque sen precedentes" na cidade de Khan Yunis contra "terroristas" e avisa á poboación para que marche. Khan Yunis é a segunda cidade de Gaza, sitúase no sur da franxa, e acolle un dos campos de refuxiados da UNRWA, a organización de Nacións Unidas para Palestina. A UNRWA asegura que "o 71% de franxa de Gaza" está dentro da "zona militarizada por Israel". O propio exército manifesta que nas últimas 24 horas bombardeou "160 obxectivos" coas súas forzas aéreas. Na UNRWA denuncian que as autoridades israelís seguen bloqueando a entrada de subministracións desde hai máis de dez semanas. O primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, asegurou este luns que acabarán "tomando o control de todas as zonas da franxa" de Gaza. Só esta fin de semana morreron máis de 250 persoas a causa dos ataques na franxa. [📸 UNRWA]
Ana Pontón recrimina a postura do PP sobre Eurovisión e lamenta que "Rueda sexa incapaz de dicir algo tan simple como que condenar o masacre dun pobo non é ningún numerito , senón a mínima expresión da decencia moral e política". A portavoz nacional do BNG coida que, cos seus ataques a RTVE por amosar solidariedade co pobo palestino, os populares sobrepasaron "todas as liñas vermellas da decencia e da humanidade" por, no canto de "condenar un xenocidio, alentar o Estado criminal de Israel" a través de cargos como a presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, mentres "o señor Feijóo cala e mira a outro lado". Na imaxe, Ana Pontón este luns en conferencia de prensa [CC BY-NC-SA BNG]
O BOE e o DOG publican o real decreto de traspaso de funcións sobre o litoral do Estado á Xunta, a primeira cesión de competencias a Galicia en 17 anos. Será efectiva a partir do 1 de xullo e Xunta e Goberno de España seguirán intercambiando informes naqueles casos en que unha competencia corresponda á outra administración.