Durante este luns Cantos na Maré ofrece a un prezo especial 100 abonos para o festival, que se celebrará en Pontevedra do 13 ao 15 de setembro. As entradas teñen hoxe unha redución do 40% sobre o prezo posterior. O evento anunciará este martes a súa programación, que incluirá 15 concertos de música de raíz e músicas urbanas procedentes de todo o planeta.
