A Consellería de Sanidade comunica aos sindicatos o detalle da súa oferta pública de emprego deste 2018, con 1.400 prazas, 512 delas de médicos e deles 58 de pediatras de atención primaria. Faino tras rectificar e retirar a súa proposta de pediatras desprazables que cubrisen tanto a atención primaria como a especializada.
Fálase
Máis de 7.300 persoas votaron no primeiro dos referendos sobre a monarquía organizado nunha universidade española. Máis de 6.100 dos votos optaron pola Repúbica na consulta da Universidad Autónoma de Madrid. As consultas nos campus galegos celebraranse desde a vindeira semana.
Traballadores da planta de Alcoa da Coruña trasladan as súas protestas á factoría de San Cibrao durante a xornada de folga de 24 horas que celebran desde a noite do pasado xoves.
Activistas de Greenpeace escalan a torre da central de Meirama para esixir o seu peche polo seu "impacto no cambio climático e na saúde". Os membros da asociación ecoloxista ascenden os 130 metros con pancartas contra o carbón. Ampliamos aquí a información.
21.255 persoas pasaron polas salas de Cineuropa nas 22 xornadas da presente edición, que rematou este mércores. Obra sen autor (Florian Henckel) obtivo o premio do público e Longa viaxe do día cara á noite (Bi Gan) levou o galardón ao mellor filme outorgado polo Xurado Novo
Gonzalo Caballero insta a Feijóo a aclarar se "está cómodo nun partido que está aberto a pactar coa ultradereita" ao fío dos discursos de Pablo Casado, líder do PP, na campaña das eleccións andaluzas. A xuízo do secretario xeral do PSdeG, a "recentralización" de competencias pola que clama Casado é "extemporánea".
Adiada a declaración da anciá de Ourense que denunciou a Xunta por acoso inmobiliario ao non asistir o letrado do Goberno galego. No proceso están investigados dous cargos da Administración. Cóntao Faro de Vigo
A Xunta volve licitar o proxecto da estación intermodal da Coruña, que non estará rematado ata 2020 pospoñendo así o posterior inicio das obras. A estación será a última en rematarse das cidades galegas, convertidas en campo de batalla cara ás eleccións municipais.
A folga na CRTVG aumenta o seu seguimento e supera lixeiramente o 80% no quinto día de paros parciais, no que as mobilizacións provocaron que se suspendese outra vez a emisión habitual da mañá na TVG. O programa A Revista volveu ser afectado.
Mini e Mero confirman a súa separación artística por "diferenzas persoais". Unha información de Jaureguizar para El Progreso