A cidadanía poderá visitar o Parlamento de Galicia un día á semana sen ter que anotarse previamente e como complemento ás visitas guiadas ou para escolares que se seguirán a facer, segundo vén de anunciar o presidente da Cámara, Miguel Santalices.
Fálase
O Goberno de España ultima unha lei para retirar ás autonomías competencias en materia de adopcións de fillos e fillas, segundo o texto da norma que adianta o diario ABC. O pasado outono o Tribunal Constitucional tombou a lei que as regulou en Galicia durante unha década.
Convergència Democrática de Catalunya, condenada por cobrar comisións ilegais no caso Palau, cuxa sentenza vén de ser lida. A Audiencia de Barcelona condena os antigos responsables da institución, Fèlix Millet e Jordi Montull, a 9 e 7 anos de prisión.
O PP tamén utilizará o asasinato de Diana Quer para forzar unha votación de apoio á cadea perpetua revisable no Congreso dos Deputados. Os conservadores están a empregar esta figura punitiva, actualmente vixente, para tentar contrarrestar o efecto do seu devalo electoral en Catalunya e mais o ascenso de Ciudadanos que prognostican algúns inquéritos. Tamén van promover votacións ao respecto en "todos" os concellos.
Dúas mulleres morreron esta mañá nunha avalancha que se produciu no paso fronteirizo de El Tarajal II, en Ceuta. O suceso afectou a centos de persoas, provocándolles feridas a varias delas. En 2017 outras catro porteadoras marroquíes morreron aplastadas en circunstancias semellantes na fronteira entre España e Marrocos.
A UE inclúe por primeira vez a pesca entre as súas liñas vermellas para negociar o Brexit. Está en xogo, entre outras cousas, o futuro dos 140 barcos falegos do Gran Sol
O segundo encontro estatal para a organización da folga feminista do 8 de marzo, celebrado en Zaragoza, serviu para convocar definitivamente un paro nos ámbitos doméstico, laboral, estudantil e de consumo.
A presidenta da Asemblea de Madrid négase a nomear os e as madrileñas presos en campos nazis nunha homenaxe. Un total de 9.030 españois foron recluídos nestes campos, 546 procedentes de Madrid. Neles houbo tamén 180 galegos, dos que 122 morreron alí.
A Fiscalía Anticorrupción recorre o réxime de semiliberdade dos exdirectivos de Caixanova, condenados a 24 meses polas prexubilacións millonarias que cobraron de maneira indebida. A fiscal Pilar Melero pide que se lles retire o segundo grao flexible -que lles permite saír de prisión- e argumenta que aínda teñen causas pendentes coa xustiza.
Valentín Formoso inclúe a Mercedes Rosón -rival nas primarias- na Executiva provincial do PSdeG na Coruña. José Manuel Lage Tuñas será o responsable de Organización