O incendio de Entrimo, que fora extinguido na noite no sábado, reactivouse nas últimas horas do domingo, queimando cando menos 19 hectáreas no parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés. Na última semana arderon 300 hectáreas na provincia ourensá.

O incendio de Entrimo, que fora extinguido na noite no sábado, reactivouse nas últimas horas do domingo, queimando cando menos 19 hectáreas no parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés. Na última semana arderon 300 hectáreas na provincia ourensá.
Dez concellos ourensáns teñen máis veciños empadroados no estranxeiro que no interior de España. Avión, Arnoia, Cortegada ou Gomesende encabezan a lista
A Plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo fai un chamamento á unidade dos concellos de Ferrolterra, Ortegal e Mariña lucense, asociacións de empresarios e entidades sociais para crear unha fronte común que permita protexer esta "infraestrutura vital". O mal estado da maquinaria obriga a que dende hai semanas a maior parte dos traxectos ferroviarios se faga en autobús ou taxi.
Eldiario.es explica nesta reportaxe, tomando Madrid como exemplo, como se pode deseñar o urbanismo con visión de xénero, facendo as rúas máis seguras para as mulleres
Deportivo 0 – Celta 1 (Aspas 74')
Así soou o himno galego no #onosoderbi, en Radio Coruña.
“Todos os partidos utilizamos zonas grises da lei para financiar as campañas, e iso é moi distinto do enriquecemento ilícito”, admite Feijóo nunha entrevista en El Mundo na que tamén rexeita que Rajoy poida elixir a dedo o seu sucesor.
Máis dun cento de persoas manifestáronse este sábado en Santiago por unha lei de identidade de xénero. Arelas (Asociación de familias de menores trans), Amizando (colectivo trans adulto) e Ultreia LGTBI convocaron a marcha co lema "Que non te enganen, a diversidade existe".
Varios lumes queiman preto de cen hectáreas en Lugo e Ourense, un deles no Xurés logo de entrar en Galicia desde Portugal.
A selección galega feminina de fútbol gaélico empata con Francia 5-13 (28) / 5-13 (28) e a masculina perde 2-11 (17) / 7-29 (50). Foi a primeira vez que un encontro se retransmite en directo pola TVG.
“Ten que ser difícil gobernar sen maiorías, eu non sei facelo”, dille Feijóo a Cifuentes, afirmación que el mesmo cualifica como “sobrada”. O galego, que consideraba que os gobernos en minoría restaban solidez á democracia, participou este sábado no congreso no que se elixiu a nova presidenta do PP de Madrid.