A Organización Mundial da Saúde confirma que o coronavirus covid-19 non se propaga libremente polo aire. GCiencia debulla o informe da OMS ao respecto

A Organización Mundial da Saúde confirma que o coronavirus covid-19 non se propaga libremente polo aire. GCiencia debulla o informe da OMS ao respecto
Casado avanza que o PP non apoiará no Congreso os reais decretos aprobados polo Goberno central para ampliar o estado de alarma polo coronavirus "se non se modifican". O líder conservador di detectar unha "deriva cara ás teses de Podemos" en materias como a suspensión da actividade económica cun permiso retribuído, que hoxe entrou en vigor. Casado tamén lamenta que os medios de comunicación "poñan o foco no positivo" e non en "entrevistas a persoas afectadas" ou "nas morgues" (Imaxe: PP)
Moléculas en Galego explica nesta infografía a química dos xeles desinfectantes, empregados para deter a propagación de xermes e, especialmente nestes días, para evitar a transmisión do coronavirus
As familias que xa teñan axuda de comedor escolar e queiran seguilas recibindo durante o confinamento poderán solicitalas aos centros educativos. O DOG publica hoxe o procedemento e establece que “as familias que acrediten dificultades” para empregar a sede electrónica da Xunta poderán solicitar que o equipo directivo do centro o fagan por eles, para o que os centros “habilitarán un horario específico que anunciarán ás familias”.
O BOE publica o Real Decreto que regula o "permiso retribuído" polo coronavirus e implica o cesamento da actividade económica non esencial. O texto inclúe unha moratoria de 24 horas para as compañías que non poidan parar de inmediato. Pódese consultar aquí e ampliamos a información neste espazo
Alerta laranxa por temporal costeiro desde esta tarde e ata a tarde do luns no litoral da Coruña por ondas e vento e amarela no resto da costa galega.
Esta madrugada deuse por extinguido un incendio que afectou a 24 hectáreas en Vilamartín de Valdeorras. [Imaxe: @BMarroxo]
A USC co-financiará os custos de acceso a internet do seu alumnado durante o estado de alarma. Dirixido a alumnado de titulacións oficiais de grao e mestrado, a medida busca garantir o acceso ao contido do Campus Virtual e demais ferramentas didácticas necesarias para a actividade académica e poderá solicitarse dende o luns 30.
A cantante Andrea Pousa ofrece este domingo, ás 18.00 horas, un concerto polas redes sociais. Artistas de todo tipo, como a tomiñesa, están a empregar internet como vía de difusión cultural malia o confinamento polo coronavirus.
2,7 toneladas de cocaína intervidas nunha operación antidroga na Ría de Arousa, segundo conta Pontevedra Viva. Tras unha persecución de dúas planadoras, unha quedou encallada preto de Cambados e outra foi trasladada ao porto do Grove. [Imaxe: M.González]