Pedro Puy recibe a alta hospitalaria despois do infarto que o sacou do Parlamento durante a sesión de investidura de Alfonso Rueda como presidente da Xunta. O portavoz do Partido Popular na Cámara galega permaneceu catro días ingresado no Hospital Clínico de Santiago e aínda non retomará a súa actividade.
Fálase
O Coruxo enfrontarase ao SCR Peña Deportiva de Ibiza no play-off de ascenso á Primeira RFEF, categoría á que xa accedeu o Pontevedra. De igual xeito, o Ourense CF xogará contra a estremeña Agrupación Deportiva Llerenense por un posto na Segunda RFEF, á que xa ascendeu o Polvorín lucense.
O escritor Domingo Villar (Vigo, 1971) atópase ingresado en estado grave no Hospital Álvaro Cunqueiro, despois de sufrir un infarto cerebral. O autor, que se atopa en coma, foi trasladado esta madrugada ao centro hospitalario, onde lle foi diagnosticada unha hemorraxia subaracnoidea, un sangrado no espazo entre o cerebro e a membrana que o rodea. Imaxe: Galaxia/Anxo Cabada
Atopada en bo estado a menor de 10 anos cuxa desaparición fora denunciada en Sada, segundo informa La Opinión.
A familia dunha nena de 10 anos residente en Sada -na fotografía, divulgada pola familia e publicada por Radio Coruña- denuncia a súa desaparición dende o pasado domingo. Ao tempo, familia e amizades piden colaboración para achar unha muller desaparecida en Carballo dende o pasado sábado.
Juan Carlos de Borbón regresará de Abu Dhabi e comezará o seu retorno a vindeira fin de semana cunha "visita rápida" a Sanxenxo, segundo afirmou o xornalista Fernando Ónega en Onda Cero. O rei emérito está nos Emiratos Árabes dende 2020, cando marchou de España en pleno aluvión de escándalos financeiros alegando a necesidade de "facilitar" o reinado do seu fillo. Na imaxe de arquivo, o anterior xefe do Estado en Sanxenxo, nuns premios náuticos.
- HEMEROTECA (abril 2022) | Por que o rei emérito non está en Sanxenxo (polo menos, de momento)
Un roteiro polas rúas de Lisboa, organizado polo Movimento Aú, amosou esta fin de semana as pegadas da comunidade galega na capital lusa. Os organizadores destacan que a poboación galega desenvolveu "un papel destacado en todos os grandes momentos da historia de Portugal", salientando que "nos séculos XVIII e XIX, se a comunidade galega parase a súa actividade, Lisboa pararía". O Movemento Aú botou a andar hai uns meses, coincidindo coa recuperación da festa tradicional galega do Amaro Navegante, que levaba 111 anos sen se celebrar.
Este sábado botou a andar a XII Edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, cunha ducia de creacións que se poderán visitar ata o 30 de outubro. O tema elixido neste ano é o de “Xardíns Terapéuticos, deseños que curan”.
Alfonso Rueda xura o seu cargo como Presidente da Xunta de Galicia, converténdose no sexto da historia da autonomía.
As 12 horas comeza o acto de toma de posesión de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, que terá lugar no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia. Pódese seguir en directo a través deste enlace.