Rueda insiste en que o PPdeG foi un "exemplo de unidade" coa súa elección como substituto de Feijóo. Afirmouno este luns ante o Comité de Dirección do partido antes de emprenderen a elección de candidaturas ás alcaldías que, no caso das sete principais cidades, prevén designar durante este verán.
