Dimite o ministro británico para o Brexit, David Davis, e acrecenta a crise interna do goberno de Theresa May
Fálase
Un xuíz de segunda instancia revoga ás poucas horas a decisión doutro maxistrado de poñer en liberdade a Lula, que está na cadea desde abril.
As vítimas inician este martes as comparecencias na comisión de investigación política sobre Angrois creada no Congreso despois de que PP e PSOE impuxesen a súa orde de intervencións por riba do que reclamaban os afectados. O mércores están citados o maquinista do tren e o interventor cuxa chamada telefónica o despistou.
A Autovía do Cantábrico estivo novamente pechada por néboa entre Abadín e Mondoñedo 21 horas desde a tarde deste sábado. A falta de visibilidade non terá solución ata polo menos 2020, seis anos despois da inauguración dese treito da A-8.
Este domingo rematan os actos do Asalto ao Castelo de Vimianzo, festa que este sábado viviu o seu día grande. Praza.gal colabora un ano máis coa celebración.
“Mesquindade” ou “patraña” son algunhas das respostas dos Franco ao Concello de Santiago tras reclamarlles as estatuas do Mestre Mateo. Os herdeiros aseguran ante o xulgado que estuda o caso que as figuras foron mercadas a un anticuario, avanza Europa Press na súa web.
O rei volve delegar no presidente do Parlamento a ofrenda da Casa Real ao apóstolo Santiago polo 25 de xullo. Santalices xa foi protagonista deste acto en 2016, cando invocou o santo para pedir "honradez e moralidade" na política.
A Fundación Galiza Sempre desenvolve hoxe na Coruña unha nova xornada do seu ciclo sobre os dereitos dos pobos en Europa con relatorios como os de Albert Noguera, Mikael Bodlore-Penlaez ou Encarna Otero.
Este venres comezan os días grandes Asalto ao Castelo de Vimianzo. A festa conta un ano máis co patrocinio de Praza Pública.
O socialista David Regades, home de confianza de Abel Caballero, novo delegado do Goberno na Zona Franca de Vigo. O consorcio, dependente do Ministerio de Facenda, é un dos principais investidores na cidade e vén actuando como contrapoder ou apoio dos gobernos locais de cada momento. Ata o de agora estaba en mans da popular Teresa Pedrosa.