O Concello de Salvaterra do Miño denuncia a queima da bandeira LGTBI que estaba colgada na fachada do consistorio, que tivo lugar esta madrugada. "Este Concello sumouse á celebración do Orgullo para reivindicar o dereito a ser e amar libremente, o dereito á liberdade e ao respecto", destacan.
