Alcoa
A balsa de lodos de Alcoa precisará mantemento "de maneira indefinida" se a empresa pecha
Medio ambiente autoriza elevar de 100 a 104 metros a altura do depósito de barros perigosos para 3 anos máis de vida útil malia un informe da súa Dirección de Patrimonio Natural que advirte do risco "sine die" de impacto ambiental
Alcoa inicia o rearranque da planta na Mariña e preséntase a fondos da UE tras ameazar co peche
A multinacional conecta as primeiras cubas logo de anunciar a intención de atrasar o proceso para a volta á actividade, demandar axuda das administracións e advertir de "decisións difíciles".
Alcoa repite táctica: ameaza de peche e demanda de axuda pública antes das eleccións
Atrasa o reinicio da actividade na Mariña a pouco do 18F e advirte de "decisións difíciles" tras pedir auxilio a Xunta e Estado no 26º aniversario da privatización de Inespal. Antes dos comicios de 2020 xa anunciara o despedimento de 534 traballadores e o peche da planta de aluminio.
A Comisión Europea propón 1,2 millóns de euros para axudar 303 traballadores de Alu Ibérica a atopar traballo
O executivo comunitario xustifica a axuda polo tamaño da factoría pechada “nun territorio no que o 93 % das empresas teñen cinco ou menos empregados”
A balsa de lodos de Alcoa, de cen metros de altura, está case chea e a empresa pide permiso para elevala outros catro metros
A empresa estima que ao depósito actual quédanlle “aproximadamente 4 anos de actividade” e inicia os trámites para a súa cuarta ampliación, que lle daría outros tres anos e medio de vida útil
As cubas de Alcoa en San Cibrao xa hibernan e os gobernos prometen vía rápida aos eólicos que a empresa liga á reactivación
A Xunta anunciou unha reforma legal para acelerar a tramitación de parques que "destinen o 50% da enerxía que produzan" a modelos como o acordado por Alcoa con Greenalia e Capital Energy e o Ministerio asegura que vai "axilizar as autorizacións" dos "parques eólicos necesarios para que Alcoa volva á súa actividade en 2024"
O persoal de Alcoa aproba en referendo o peche da planta de aluminio de San Cibrao dous anos a cambio de manter os empregos
A decisión implica que nos anos 2022 e 2023 non se producirá aluminio primario na factoría, co compromiso da multinacional de reiniciar o 100% das cubas no 2024. O 70% dos traballadores apoiaron a proposta, cunha participación do 76% do cadro de persoal. Os empregados das empresas auxiliares opuxéronse. O acordo entre Comité e empresa asinarase este mércores.
Alcoa ofrece permisos retribuídos para deter a fábrica de aluminio ata 2024 e non despedir en catro anos
Ofrece unha "solución a medio-longo prazo" na Mariña ante os "desorbitados prezos da electricidade" que inclúe cesamentos temporais durante dous anos no caso de conseguir "preacordos de enerxía razoables" para abaratar o seu prezo.
O Tribunal Supremo confirma a nulidade do ERE de Alcoa na Mariña
Ratifica así a anulación que do expediente fixera xa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), nunha decisión que volve dar aire ao persoal no conflito coa multinacional do aluminio.
Baleirado económico da fábrica coa compra de 'bitcoins': o último capítulo da trama na antiga Alcoa
Os xestores de Alu Ibérica pagaron máis de medio millón de euros a unha comercializadora de viños en criptomoedas, segundo un informe da UDEF que revela novas "manobras defraudatorias" no desmantelamento da planta de aluminio da Coruña.
O persoal volve á folga en Alcoa, que insiste en que antes de vender debe resolverse "o problema" do prezo da enerxía
O comité de empresa critica a multinacional e o Executivo central: "Alcoa que deixe as mentiras e venda; e o Goberno que empece a comprala".