VIDEO | Así foi o espectáculo de luz que este sábado pola noite celebrou o décimo aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. A proxección repetirase este domingo ás 23 horas
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/5-3ad6149.png)
VIDEO | Así foi o espectáculo de luz que este sábado pola noite celebrou o décimo aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. A proxección repetirase este domingo ás 23 horas
A Real Academia Galega de Belas Artes dedicará o Día das Artes Galegas 2020 ao arquitecto Domingo de Andrade. Construíu a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago ou a escaleira tripla de caracol helicoidal do convento de San Domingos de Bonaval, ademais de parte das catedrais de Lugo e Ourense ou a Casa da Parra e a Casa da Conga, en Compostela
PSdeG-PSOE e BNG pechan o acordo para reeditar o goberno de coalición na Deputación Provincial da Coruña, que seguirá presidida por Valentín González Formoso e contará cunha única vicepresidencia a cargo do nacionalista Xosé Regueira. O pacto aposta por “profundizar nas políticas seguidas nos últimos catro anos”, que supuxeron “unha transformación radical do seu funcionamento”.
A Policía italiana detén no porto de Lampedusa a Carola Rackete, capitá do Sea Watch 3, despois de que desembarcase 40 inmigrantes que levaban 17 días no mar, con graves problemas físicos e psicolóxicos. O Goberno italiano negáralle a autorización para deixalos en terra e acúsaa de "resistencia contra un buque de guerra", un delito que comporta unha pena de ata dez anos de cadea
Trump anuncia que restaurará as relacións comerciais con Huawei. Durante o cumio do G20 en Osaka informou que permitirá ás empresas estadounidenses que vendan produtos ao fabricante chinés. O anuncio complétase coa paralización dos anunciados novos aranceis ás importacións chinesas, a cambio da compra de produtos agrícolas norteamericanos por parte do país asiático.
Alcoa cancela a venda de sus plantas a Parter. A multinacional di que o fondo suízo non dá "garantías financeiras" e que tentará resolver a situación antes do domingo, momento no que remata o prazo para chegar a un acordo sobre a venda. Os representantes do persoal están reunidos en Madrid coa empresa.
Marisa Crespo, Teresa Portela, Jeanne Picard, Benedicta Sánchez e as redeiras de Galicia recibiron este venres as Medallas Castelao no 35 aniversario do traslado dos seus restos de Bos Aires ao Panteón de Galegos Ilustres en Bonaval. Feijóo presenta os galardóns deste ano como unha homenaxe ao “terceiro Rexurdimento” de Galicia, o da “muller galega”, tras o primeiro no eido cultural e o segundo que atribúe á Constitución e o Estatuto. Sobre Castelao vén de presentarse a súa biografía máis completa, a cargo de Miguel Anxo Seixas.
O Parlamento inicia o proceso para a creación do Grupo Mixto, con Luís Villares como voceiro tras a súa saída do grupo de En Marea, pero relega a próximas reunións os detalles sobre tempos de intervención e participación nos órganos da Cámara. O pasado mércores Villares xa non interpelou a Feijóo na sesión de control.
O Concello de Barreiros, onde o anterior alcalde do PP dixera que “as feministas deixan de ser feministas cando casan”, amence o Día do Orgullo cunha bandeira multicolor. O popular Alfonso Fuente foi derrotado nas urnas nas municipais e substituído pola nacionalista Ana Ermida.
José Manuel Baltar, reelixido presidente da Deputación de Ourense cos votos do PP e Democracia Ourensana. Consulta aquí toda a información do pleno de constitución da Deputación ourensá.