José Manuel Baltar, reelixido presidente da Deputación de Ourense cos votos do PP e Democracia Ourensana. Consulta aquí toda a información do pleno de constitución da Deputación ourensá.
Fálase
VÍDEO | Os Amigos dos Músicos almorzan en Vinte en colaboración con Deleite. Un anaco de música e conversa coa banda ourensá no emblemático Torgal antes dun novo verán de xira.
O Colexio de Avogados de Ourense aproba por unanimidade mudar a súa denominación pola de Colexio da Avogacía de Ourense. A votación celebrada no serán deste xoves converte o colexio ourensán no primeiro de Galicia en tomar esta decisión a prol da linguaxe inclusiva. Na imaxe, un intre da votación e un dos actuais rótulos da institución.
A Axencia Tributaria volve publicar a lista de persoas e entidades que deben máis dun millón de euros a Facenda. Desta volta inclúe 4.028 persoas físicas ou xurídicas, entre elas varias empresas galegas.
A Xunta iniciou este xoves a tramitación da Lei de Impulso Demográfico que prevía ter aprobada en 2018 pero que non enviará ao Parlamento ata finais de ano. Era a única lei que a Consellería de Política Social comprometía para o ano pasado, cando todo o Goberno galego só foi quen de aprobar un dos 12 textos legais que previra.
A Xunta aproba definitivamente o calendario laboral para 2020, que inclúe como principal novidade o San Xoán
O PP de Vigo abandona as denuncias xudiciais que interpuxo contra Abel Caballero no anterior mandato para abrir “un novo tempo político”. Tras o seu afundimento electoral, os populares admiten agora que hai outros “cauces máis adecuados” que persoarse en casos como o do accidente do Marisquiño, que evidenciou un interese particular máis alá da investigación do ocorrido.
Independentes por Monterroso leva finalmente a alcaldía da vila ao manter a xustiza a nulidade dun voto que faría empatar con eles ao PSdeG. Monterroso e Burela foron os dous concellos galegos nos que non se puido constituír a Corporación municipal o pasado 15 de xuño pendentes de recursos xudiciais sobre o escrutinio.
O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia cumpre 75 anos e en VINTE contan a súa paixón pola montaña.
Borrell renuncia á acta de eurodeputado para seguir sendo ministro de Exteriores. Foi o cabeza de lista do PSOE nas eleccións europeas, nas que os socialistas foron os máis votados.