Morre un mariñeiro, cinco son rescatados e tres chegan por si sós a terra tras embarrancar un pesqueiro en Porto do Son. O Divina del Mar, con base en Portosín, quedou varado nas proximidades do Castro de Baroña (Vídeo de Gardacostas de Galicia).
Fálase
Evo Morales acepta o asilo que lle ofreceu México. “Parto rumbo a México, agradecido polo desprendemento do goberno dese pobo irmán que nos brindou asilo para coidar a nosa vida. Dóeme abandonar o país por razóns políticas, pero sempre estarei pendente. Pronto volverei con máis forza e enerxía”, comunicou el mesmo en Twitter.
O galego Alberto Grandío, novo presidente da Asociación Estatal de Salas Privadas de Concertos. Grandío é o máximo responsable do Clavicémbalo de Lugo e na actualidade xa encabezaba Clubtura, a asociación galega de salas de música ao vivo. Agora ponse á fronte da asociación que aglutina máis du cento de salas en todo o Estado, 31 delas galegas. Na imaxe, a nova directiva. O Clavi é un dos candidatos ao premio do público do Culturgal 2019.
Albert Rivera dimite como presidente de Ciudadanos tras o afundimento electoral. O líder da formación comunica que abandona a vida política. En Galicia Ciudadanos vén de perder os dous escanos que lograra o 28A. No seu desembarco hai unha década a formación cargaba contra "la Junta" e a "galleguización".
A nova consultora de José Blanco e outros ex-políticos considera como escenario de gobernabilidade máis posible unha coalición PSOE-Podemos-Más País co voto a favor de Ciudadanos ou ERC e outras pequenas formacións. Acento Asuntos Públicos ve máis difíciles as opcións dunha abstención conxunta de Ciudadanos e ERC ou do PP. A gran coalición PSOE-PP só a contempla se non houbese ningunha alternativa e descarta as terceiras eleccións.
Evo Morales renuncia á presidencia de Bolivia poucas horas despois de anunciar novas eleccións e denuncia persecución dos “golpistas”. Tras as eleccións de primeira ronda celebradas en outubro gañadas por Morales, a oposición denunciou fraude e este domingo sucedéronse os movementos con alzamentos policiais, o anuncio de novas eleccións e a posterior renuncia de Morales.
Así fomos contando ao vivo a xornada electoral deste 10N desde a apertura dos colexios ata o inicio do escrutinio.
Evo Morales anuncia novas eleccións en Bolivia tras as protestas desencadeadas polas acusacións de fraude nos comicios de outubro lanzadas pola oposición. Horas máis tarde, Morales anunciou a súa renuncia.
A ilustradora ourensá Manuela Elizabeth Rodríguez gaña a segunda edición do premio Compostela Ilustrada, que hoxe se entregou no Casino de Santiago, cunha ilustración da Rúa do Vilar elaborada o pasado xoves.
Os cabezas de lista das principais forzas políticas dedican a xornada de reflexión previa ao 10N a recoller cogomelos, tomar un vermú ou pasear con compañeiros de partido ou gozar dun magosto, tal e como difunden as propias organizacións ou os candidatos nas súas redes sociais.