O Concello de Lugo expedienta varios oficiais da Policía Local por insultos á alcaldesa na xuntanza en que os informaba da reorganización do corpo que aplica o goberno local. Na imaxe, Lara Méndez nunha imaxe de arquivo.

O Concello de Lugo expedienta varios oficiais da Policía Local por insultos á alcaldesa na xuntanza en que os informaba da reorganización do corpo que aplica o goberno local. Na imaxe, Lara Méndez nunha imaxe de arquivo.
O DOG publica hoxe a orde para solicitar praza nas escolas infantís dependentes do Consorcio de Benestar da Xunta e mais para as escolas infantís privadas financiadas con fondos públicos. En ambos casos inclúese como requisito que a nena ou neno teña postas todas as vacinas obrigatorias.
Ducias de persoas asasinadas nun atentado contra dúas mesquitas en Nova Zelandia
O Parlamento británico pide atrasar a data prevista de saída da UE e rexeita un segundo referendo sobre o Brexit con 334 votos en contra e 85 a favor. A maioría dos laboristas de Jeremy Corbyn abstivéronse na votación. Foto: CC-BY-SA ChiralJon
O DOG publicará este venres a resolución para solicitar praza nas escolas infantís da Xunta e incluirá o requisito de que as nenas e nenos teñan postas todas as vacinas obrigatorias, segundo avanzou o presidente da Xunta este xoves ao remate do Consello.Este requisito xa recibiu o visto e prace da Asesoría Xurídica do Goberno galego.
A táboa periódica dos elementos químicos xa está dispoñible para súa descarga en galego. Foi editada polo Consello da Cultura no marco da xornada que conmemora o 150º aniversario da publicación da primeira edición da táboa por Dimitri Mendeleev. Será remitida a centros educativos aínda que, como a Guía dos elementos químicos, non poderá ser utilizada nas aulas da ESO porque o vixente decreto lingüístico non permite impartir as materias de ciencias en lingua galega.
O BNG propón "un debate electoral ao máximo nivel entre líderes das forzas políticas con representación no Parlamento" antes das eleccións xerais na TVG. O coordinador da campaña do Bloque, Rubén Cela, cre que un debate semellante ao celebrado polas xerais de 2008 permitiría que "se fale de Galiza" antes do 28A e di agardar que "aínda que o medo é libre, Feijóo non se escaquee".
Ciudadanos anuncia que a deputada Marta Rivera, lucense residente en Madrid, provincia pola que obtivo o seu escano no Congreso nas anteriores xerais, será candidata pola Coruña no 28A. Segundo un comunicado do partido, José Manuel Blanco será número 1 por Lugo, Inés Iglesias por Ourense e Beatriz Pino, responsable de prensa da formación, por Pontevedra.
O PP fai circular por WhatsApp unha campaña na que os personaxes Epi e Blas instan a concentrar o voto da dereita nos populares e cargan contra o PSOE. É unha información de Gonzalo Cortizo en eldiario.es
O xulgado de Tui decreta a liberdade provisional do propietario do almacén pirotécnico que estoupou en maio de 2018 causando dúas mortes. A xuíza considera que sería "excesivo e desproporcionado" mantelo en prisión provisional e considera que non hai risco de que poida "ocultar, alterar ou destruír fontes de proba" da almacenaxe irregular dos explosivos.