EPA | O paro aumenta en 3.100 persoas no terceiro trimestre do ano en Galicia; son 9.500 persoas menos no paro que hai un ano. No mesmo trimestre as persoas ocupadas en Galicia aumentaron en 6.900 e quedan en 1,1 millóns, o que supón 9.200 por riba da cifra de hai doce meses. Máis información, hoxe en Praza.gal
Fálase
Esta mañá o cadáver de Francisco Franco é exhumado do mausoleo do 'Valle de los Caídos' en cumprimento do mandato parlamentario que pon fin a 44 anos de homenaxe ao ditador no recinto que el mesmo mandou construír. O máis destacado da xornada, hoxe en Praza.gal. Nas imaxes, distribuídas polo Goberno de España, preparativos da exhumación.
Un home agride á propietaria dunha froitaría na Coruña tras esixirlle que retirase produtos cataláns que vende na súa tenda. Cóntao La Opinión de A Coruña
Compostela Aberta e BNG pactan unha moción para expresaren a súa solidariedade cos líderes independentistas cataláns condenados polo Supremo, reclamar unha "amnistía" para a súa liberdade e pedir "diálogo político" entre o Goberno de España e as autoridades catalás. A iniciativa será debatida no pleno que o consistorio compostelán celebra mañá. O texto íntegro da moción pódese consultar aquí. Na imaxe de arquivo, Martiño Noriega (CA) e Goretti Sanmartín (BNG).
Un estudo de augas residuais de 120 cidades, entre elas Santiago de Compostela, destaca o elevado consumo de cocaína no sureste de Europa, de Italia a Francia, pasando por España e Portugal. Este verán, a última investigación do Centro europeo de monitorización de drogas e adicción, dependente da UE, situou Compostela entre as urbes con maior consumo desta substancia.
O podcast Té con Gotas, que podedes escoitar cada dúas semanas en Praza.gal coa análise da actualidade e a vida do Reino Unido en clave galega, vén de lanzar un programa de mecenado para soster economicamente o proxecto. Por menos do que custa un café, pódeste asociar, acceder a contido exclusivo ou recibir material promocional.
As futbolistas de Primeira División van á folga na defensa dun "convenio colectivo digno". Integrantes de diversos clubs explicaron en rolda de prensa os motivos da súa mobilización. (Imaxe: AFE)
O BNG presenta, a través de Ana Miranda, unha pregunta ante a Comisión Europea sobre o proxecto de construción do túnel na Porta do Sol de Vigo, moi criticado por entidades veciñais e ecoloxistas, alertando de que "suporá aumentar o tráfico e a contaminación". O colectivo Vigo Histórico explica neste vídeo os efectos que tería a infraestrutura e a alternativa que propoñen
Falece traballando un mariñeiro de Bueu de 24 anos tras quedar prendido no aparello do barco. Os seus compañeiros rescatárono e foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde confirmaron o seu falecemento. Recólleo Faro de Vigo. Imaxes dos labores de rescate do Pesca I, tomadas pola Garda Civil.
O alcalde de Sanxenxo cualifica de "populistas de merda" a partidos e colectivos críticos coa xestión da sanidade pública por utilizárena, di, para "facer política". Recólleo Diario de Pontevedra. O PSdeG insta a Feijóo a que faga "rectificar" os "exabruptos" de Telmo Martín, que "denigra a acción política", di o voceiro socialista en materia sanitaria, Julio Torrado.