Ferreiro e Colau impulsan un manifesto contra a guerra como resposta ao terrorismo
O alcalde da Coruña, xunto á rexedora de Barcelona, o de Cádiz e o de Zaragoza asinan con persoeiros da cultura o chamamento 'No en nuestro nombre', no que se opoñen a "calquera resposta ao odio que implique máis odio" e convocan a concentrarse o vindeiro sábado 28.