Outro asasinato eleva a cinco as vítimas da violencia machista en Galicia en 2015
A ex parella da acoitelada, detido en Soutomaior, é o presunto autor do crime. Dende 2008, 34 mulleres perderon a vida por causa da violencia de xénero no país
A ex parella da acoitelada, detido en Soutomaior, é o presunto autor do crime. Dende 2008, 34 mulleres perderon a vida por causa da violencia de xénero no país
Centos de persoas maniféstanse no Obradoiro volvendo reclamar "pan, traballo e teito" e chamando a "traballar conxuntamente" contra os que "recortan os dereitos para facer negocio con eles"
A Subdelegación do Goberno sancionara con 600 euros este coñecido activista coruñés de 76 anos tras participar na mobilización para deter o desafiuzamento da anciá Aurelia Rey
A deputada Carme Adán rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que pregunta polas medidas adoptadas pola Secretaría xeral de Igualdade ante o trato discriminatorio ás azafatas interpretes do evento, patrocinado pola Xunta, ás que se lles esixía "boa presenza"
O 22M galego volve á rúa para reclamar "pan, traballo e teito" e reivindícase como exemplo da "construción da pluralidade para medrar e sumar". "Teremos que pensar porque noutros ámbitos non é así", din desde un colectivo apoiado en maior ou menor medida por toda a esquerda rupturista
Unha sentenza do TSXG obriga o Servizo Galego de Saúde a indemnizar con 400.000 euros a unha familia de Ourense por non ter detectado no feto unha alteración cromosómica que provoca un atraso mental severo, privando os pais do dereito a elixir o seu nacemento.
O aproveitamento madeireiro afectou a unha superficie de 16 hectáreas no LIC "Bidueiral de Montederramo", espazo da Rede Natura 2000 xestionado pola Xunta, provocando ademais "graves danos" no sotobosque e nas pistas forestais.
Medio Rural obvia os concellos na primeira xuntanza para coordinar solucións a unha praga que afecta xa unhas 150 localidades e centra as solucións no sector apícola, malia que a maior asociación tampouco estivo presente. "É un problema global que non só abrangue as abellas", din os municipios
A multinacional emprende accións legais pola cancelación "unilateral" por parte da Xunta dos seus dereitos mineiros en Cabana. Considera que a decisión "violou claramente o dereito español e internacional" e levará o Goberno central a un arbitraxe para reclamarlle un mínimo de 21 millóns
Este xoves preséntase en Vigo (Casa Galega da Cultura, 19.30) esta experiencia de conservación da natureza, un proxecto nacido en 1988 e apoiado por máis de mil socios e socias, propietarias de 300 hectáreas de monte en Beade. Falamos cun dos seus responsables, o biólogo David Rodríguez.
A familia denuncia a "falta de recursos e organización" e a "desatención" sufrida pola súa nai de 73 anos logo de que permanecese tres días en Urxencias e un na unidade de preingreso agardando ser tratada en planta, onde morreu ás poucas horas "sen ser tido atendida axeitadamente"