Adeus, touradas
O Concello da Coruña inicia os trámites para a finalización do contrato da Feira Taurina. Representantes municipais reúnense co promotor do espectáculo para negociar a indemnización á que podería ter dereito, un 10% da contía do contrato. “O ano pasado había máis xente manifestándose en contra das touradas que como público”, resalta Xulio Ferreiro.