Primavera sen mina en Corcoesto
Ducias de veciños das localidades próximas a Corcoesto celebraron un xantar lúdico para celebrar a comunicación oficial da paralización definitiva do proxecto mineiro.
Ducias de veciños das localidades próximas a Corcoesto celebraron un xantar lúdico para celebrar a comunicación oficial da paralización definitiva do proxecto mineiro.
O Foro Galego de Inmigración lanza unha campaña para promover "unha resposta social ampla e contundente" ante o recorte "dos máis elementais principios democráticos e os propios dereitos humanos" que, ao seu xuízo, se está a producir
Galicia concentra máis do 80% das granxas de visón americano de toda España e neste momento varias multinacionais están a construír de forma acelerada e sen licenza novas factorías na Estrada, Sobrado, Agolada, Oza-Cesuras, Oia ou Forcarei.
A Plataforma Sarriana polo Río sinala que algúns dos seus membros están recibindo "ameazas" e lembran que se están empregando "para facer un lavado de cara do Malecón" fondos europeos para evitar inundacións. Audios no interior.
A CIG esixe a retirada de Teresa Baró do curso Linguaxe non verbal para comunicadores, que recibirán os e as traballadoras da CRTVG. Esta experta en comunicación persoal defende que “as mulleres sempre nos sentimos atraídas por homes fortes, que nos poidan protexer e proporcionarnos un status social"
Outro dos galegos detidos tras a manifestación das Marchas da Dignidade denuncia o trato da Policía e asegura que foi arrestado sen motivo mentres abandonaba a mobilización ao virar "nun ambiente que xa non era pacífico".
Grupos ecoloxistas e forzas da oposición ven na norma, que entrará en vigor o martes, un camiño aberto para a especulación e para a instalación en espazos protexidos de actividades prexudiciais para o medio ambiente, mesmo canteiras, minaría a ceo aberto ou piscifactorías
Os fondos que a Xunta destina ao servizo de axuda no fogar recortáronse de 400 mil euros a 267 mil, polo que o Goberno galego impuxo un incremento notable das tarifas. O aumento de prezos foi aprobado por un gran número de concellos, pero en Cee só atopou o voto favorable do PP.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público rexeitara en varias ocasións o "cambio inxustificado" dos manuais, que deben seguir sendo válidos durante os seis cursos seguintes á súa adquisición para non supor un gasto excesivo para as familias.
Ames Novo proporá no pleno deste xoves a restitución da memoria da corporación municipal republicana, que foi apartada do concello en agosto de 1936. Durante seis anos Oscar Lojo Batalla, de orixe agrarista, impulsou unha política de fomento do asociacionismo, obras públicas e creación de escolas
Uns vinte rexedores, en representación dos case cen contrarios ao incremento da taxa, péchanse na sede do Goberno e piden "diálogo e solucións a unha suba unilateral, inxusta e desproporcionada". O conselleiro de Medio Ambiente acepta reunirse con eles tras a protesta.
Milleiros de galegos volven saír á rúa contra a privatización dos servizos sanitarios en varias e exitosas manifestacións. Os convocantes advirten que a cidadanía continuará mobilizándose e non permitirá que "convertan nun nicho de negocio un patrimonio universal do pobo".