A "persecución" do galego volverá á Unesco 60 anos despois
A Mesa impulsa un informe para denunciar a vulneración dos dereitos dos galegofalantes coa que busca "internacionalizar" a problemática do idioma tal e como fixeron galeguistas en 1954. Solicitará a colaboración doutras entidades e pedirá á RAG e ao CCG que "encabecen esta denuncia".