Movementos sociais
A Xustiza paraliza o reinicio das obras no río Sarria por carecer de autorización
A Confederación Hidrográfica comeza as obras cortando varios amieiros sen o permiso de Patrimonio, segundo denuncia a Plataforma Sarriana polo Río, que foi desaloxada pola Garda Civil. O xuíz ordena que se paralicen as obras tras revisar o expediente.
A Policía acusa a Resistencia Galega de liderar os disturbios do 22M
Un atestado policial asegura que os actos de violencia foron liderados por entre 150 e 200 radicais simpatizantes deste grupo, ao que acusa de provocar os altercados dunha maneira tan organizada que sorprendeu os antidisturbios.
“O 22M non acaba aquí; isto só é o comezo”
Activistas galegos presentes nas Marchas da Dignidade fan balance da mobilización e advirten de que a protesta tan só é o inicio do "gran salto" que debera rematar no cambio de réxime e nun novo proceso constituínte no Estado.
O Goberno de España non ve violencia machista no asasinato dunha prostituta
O Executivo central respóndelle ao PSOE que a agresión dun militar en Melilla contra unha muller que exercía a prostitución non é violencia de xénero porque non existía vínculo afectivo. Os movementos feministas alertan do silenciamento destes casos, que non adoitan figurar nas estatísticas oficiais.
Profesores da USC critican o encanamento do río en Sarria
Isabel Iglesias, Antonio Rigueiro, Santiago Lamosa e Guillermo Riesco remitíronlle un escrito á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no que afirman que este tipo de actuacións "van quedando anticuadas en sociedades avanzadas en aspectos ambientais"
A "segunda oportunidade" para a escola infantil en galego
O proxecto cooperativo Avoaescola, que tivo que pechar por falta de apoio, finaliza este martes a recollida de achegas para relanzar o ensino vehicular en galego o vindeiro curso en Ferrolterra. A iniciativa continúa a precisar socios para seguir adiante.
O parlamento da Ulfe
Carlos C. Varela
Gústame o galego, como cho digo!
A Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua presenta este martes en Compostela a súa nova acción a prol do galego, desta volta a prol da "visibilización" do uso normal do idioma.
Primavera de dignidade multicor
A columna galega camiña pola capital española xunto ás demais comitivas procedentes do resto do Estado na manifestación central das Marchas da Dignidade baixo unha férrea vixilancia policial. Atendendo á superficie ocupada pola mobilización, esta foi secundada por máis de 500.000 persoas. Galería de imaxes e vídeo no interior
Vender mellor o que outros queren vender ao mellor postor
O CEIP Manuel Masdias, no barrio ferrolán de Caranza, desenvolve dende hai anos unha campaña a prol da matrícula na escola pública, na cal se implican o profesorado e as familias
Así preveñen os concellos galegos os desastres naturais na Habana
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade impulsa a rehabilitación dun observatorio meteorolóxico cubano para "concienciar a poboación sobre as treboadas tropicais e os furacáns".