O xulgado suspende a entrada na cadea de Carlos e Serafín
Paraliza a entrada en prisión dos dous sindicalistas condenados a tres anos por exercer de piquetes nunha folga “mentres se tramita e non se resolva o expediente de solicitude de indulto”.
Paraliza a entrada en prisión dos dous sindicalistas condenados a tres anos por exercer de piquetes nunha folga “mentres se tramita e non se resolva o expediente de solicitude de indulto”.
A Dirección Xeral de Minas comunica a paralización definitiva do proxecto mineiro case medio ano despois do anuncio da suspensión por parte da Xunta de Galicia e logo de meses de enorme mobilización cidadá.
Portos de Galicia defende seguir adiante coa instalación dun surtidor de combustible na vila, que xa lle gañou 10.000 metros cadrados ao mar en 2001 para construír un aparcadoiro. O Valedor xa tramita unha queixa apoiada por arredor de 700 veciños e veciñas mentres AGE e BNG dubidan da legalidade da operación.
A asociación animalista Libera e AGE preparan unha proposición de lei e recollen sinaturas para aumentar a contía das multas por crueldade cos animais. En Galicia, maltratar ou deixar morrer un can supón unha multa de tan só 30 euros.
A escola de ensino galego promovida pola Gentalha do Pichel celebra tres anos de vida e celebra o seu terceiro concerto para recadar apoios e seguir a consolidarse e a medrar.
A Plataforma Sarriana polo Río valora que o conselleiro de Medio Ambiente propoña "melloras e axustes" no proxecto que prevé tronzar máis de 150 árbores, pero lémbralle que é "demasiado modesto" en canto ás posibilidades da Xunta para evitar os danos medioambientais.
O fallo do Supremo, baseado nun defecto de forma do decreto do bipartito, non ampara a legalización das urbanizacións declaradas ilegais e dificilmente levará ao pago de indemnizacións. Ademais, a sentenza pode invadir as competencias galegas, ao obviar a Lei de Ordenación Urbanística de Galicia de 2002.
Foron multados por participar en mobilizacións en 2012 e 2013. As delegacións do Goberno rexistraron máis de 3.000 expedientes no conxunto do Estado e reclaman preto de 600.000 euros.
Que pasa na costa informa da demolición de tres vivendas construídas sen licenza canda á praia de Mar de Fóra, en Fisterra. Hai uns días tamén eran botados abaixo dous hoteis edificados ilegalmente en Muros.
Este xoves A Nave de Vidán acolle un novo Debate na Praza, no que se analizará a contrarreforma do ministro Gallardón e sobre a que falarán a deputada do BNG Ana Pontón, Mar Martín, da plataforma SOS Sanidade Pública, e Vitoria Iglesias, da Marcha Mundial das Mulleres.
A primeira emisora municipal galega celebra ao longo deste ano o seu 30 aniversario. Naceu en setembro de 1984, entre o Hortensia e a reconversión, e foi crecendo e servindo de exemplo a outras experiencias radiofónicas en toda Galicia. Falamos co seu director, Henrique Sanfiz