Movementos sociais
As edificacións ilegais tamén se derruban
Que pasa na costa informa da demolición de tres vivendas construídas sen licenza canda á praia de Mar de Fóra, en Fisterra. Hai uns días tamén eran botados abaixo dous hoteis edificados ilegalmente en Muros.
A reforma da lei do aborto a debate: as motivacións e as consecuencias
Este xoves A Nave de Vidán acolle un novo Debate na Praza, no que se analizará a contrarreforma do ministro Gallardón e sobre a que falarán a deputada do BNG Ana Pontón, Mar Martín, da plataforma SOS Sanidade Pública, e Vitoria Iglesias, da Marcha Mundial das Mulleres.
"Para saber que pasaba en Astano, había que poñer Radio Fene"
A primeira emisora municipal galega celebra ao longo deste ano o seu 30 aniversario. Naceu en setembro de 1984, entre o Hortensia e a reconversión, e foi crecendo e servindo de exemplo a outras experiencias radiofónicas en toda Galicia. Falamos co seu director, Henrique Sanfiz
Galicia segue a sumar denuncias contra o franquismo á querela arxentina
Oito galegos denuncian ante o cónsul da Arxentina os asasinatos, a represión e a tortura sufrida por 17 dos seus familiares durante a ditadura fascista e pretenden dar outro "impulso" ás vítimas para que se unan á causa contra o réxime de Franco.
Vilaboa, Calvos de Randín e Chantada lembran as vítimas da represión franquista
O sábado 15 serán homenaxeados os veciños da vila portuguesa de Tourem, que deron acubillo ás persoas que en 1936 fuxían de Calvos de Randín. O domingo 16 a canteira de Paredes (Vilaboa) acollerá un acto organizado polo colectivo A Regaduxa. No cemiterio de San Fiz de Asma (Chantada) celebrarase o sábado unha homenaxe a O Piloto.
Denuncian a "incompetencia" da Xunta pola ausencia dun plan de prevención de incendios
A Asociación Profesional do Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais alerta de que Medio Rural está a incorrer nos mesmos erros cometidos o pasado ano: "non auguramos nada bo". En Quiroga arderon 35 hectáreas nun espazo da Rede Natura
A Xunta adáptase á Lomce e concede a Educación a maioría para elixir director
O Goberno galego prepara un borrador de proxecto para a elección dos máximos responsables dos centros que "pretende botar as familias fóra dos colexios" e que presentará este martes na mesa sectorial.
A saída de Sogama comeza por Deza e o Salnés?
Coa nova suba das taxas os 110 mil habitantes do Salnés pagarán 3,3 millóns de euros anuais a Sogama, cantidade que financiaría en dous anos unha planta de tratamento semellante á de Lousame, que custou seis millóns e que dá servizo a 97 mil persoas e xestiona 40 mil toneladas
O día do home guai
Antón Losada
Cando os prexuízos solapan a denuncia da violencia machista
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais lamenta o tratamento realizado por algúns medios tras o asasinato de Maria Luisa Jiménez cando están a piques de facerse dez anos da Declaración de Compostela, a primeira guía para o tratamento das agresións de xénero no xornalismo galego.
"Nin en Londres nin en Portugal, aborto legal na seguridade social"
Milleiros de persoas encheron a praza da Quintana na manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, para esixir "respecto aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres" e demandar que non haxa que volver a recorrer aos abortos clandestinos. Vídeo e galería de imaxes no interior.