Movementos sociais
Berros indignados contra o "atraco" de Facenda aos emigrantes retornados
Uns dous milleiros de pensionistas "estafados" maniféstanse na Coruña para reclamarlle ao Goberno a anulación da campaña sancionadora e unha solución ás multas que poden afectar uns 250.000 xubilados en Galicia.
O derrube da casa de Carvalho Calero como símbolo da decadencia de Ferrol Vello
O Concello de Ferrol promete que as obras de recuperación da vivenda comezarán tras a aprobación definitiva do Plan Especial de Protección e Rehabilitación, prevista para finais de ano. As forzas da oposición responsabilizan o Goberno local do deterioro do barrio.
Galicia-Alemaña, cartas de ida e volta
Lanzan unha iniciativa para establecer un diálogo, a través de videocartas, entre emigrantes retornados que traballaron en Alemaña e mozos e mozas galegas que veñen de reemprender ese camiño e buscan oportunidades naquel país.
O futuro da feira taurina da Coruña, no aire tras a renuncia de Eventauro a organizala
O Concello afirma estar estudando a situación creada pola decisión da empresa de non renovar a concesión e non realiza valoracións sobre a posibilidade de que as corridas de touros se celebren ou non este verán na cidade.
Heroes
Manoel Santos
Dous mil profesionais da sanidade plántanse ante a contrarreforma do aborto
O prestixioso Santiago Dexeus encabeza a presentación dun manifesto de profesionais médicos contra o proxecto do Goberno e pídelle aos seus "amigos do PP" que "acudan á intelixencia e non á ideoloxía ou ás crenzas relixiosas". O manifesto advirte de que a actual lei "funciona" e alertan do posible incremento de abortos inseguros se o proxecto é aprobado.
Próxima estación: solidariedade obreira
O persoal da cafetaría da terminal de autobuses de Compostela ve con esperanza a posibilidade de non perder o seu traballo tras dúas semanas de peche e de apoio sindical e cidadán.
Máis xuízas que xuíces, pero non en todos os órganos
O CGPJ vén de facer públicos os datos actualizados do Informe sobre a estrutura da carrera xudicial, que amosan que as mulleres representan xa o 51% de todos os xuíces en activo no Estado, e o 54,1% en Galicia. Porén, na Audiencia Nacional ou no Tribunal Supremo os homes seguen sendo clara maioría.
"Privatízanse prazas, sementes, coñecementos... Iso é o que une estas loitas"
O MARCO de Vigo e Alg-a Lab acollen este sábado o Encontro Comúns Situados, organizado por O Monte é Noso, no que responsables de cinco comunidades de montes poñerán en común a súa experiencia de traballo.
Os veciños de Sarria seguirán vixiando por quendas que non se reinicien as obras
A Confederación Hidrográfica afirma que a actuación se basea unicamente en motivos técnicos, pero a Plataforma Sarriana polo Río acúsaa de ignorar os informes que desaconsellaban o proxecto. O alcalde da vila acusa os veciños contrarios á obra de crerse "intelectuais con supremacía sobre o resto"
Os sindicatos denuncian a actuación policial no interior do Hospital de Ferrol
Unha ducia de axentes expulsaron do recinto os traballadores que protestaban ante a visita da conselleira Rocío Mosquera, que permaneceu pechada nun despacho durante dúas horas e media. Dous sindicalistas foron levados á comisaría por non aceptar identificarse.