Paus e cinta illante para (non) evitar os cortes de luz
Veciños e veciñas de Mandaio, en Oza-Cesuras, denuncian os continuos cortes de subministro eléctrico e as curiosas solucións de Fenosa para palialos.
Veciños e veciñas de Mandaio, en Oza-Cesuras, denuncian os continuos cortes de subministro eléctrico e as curiosas solucións de Fenosa para palialos.
Avoaescola bota o peche até o vindeiro curso "por problemas económicos" tras confirmarse que só unha minoría dos apoios comprometidos achegaron cartos ao proxecto. Precisa 15.000 euros e abre unha campaña para ter "perspectivas de futuro".
Unha faixa chamando á manifestación contra a reforma do ministro Gallardón foi retirada por axentes de seguridade do estadio de Riazor mentres se mantiñan bandeiras filonazis de ultras do equipo rival.
A policía expulsou esta mañá do teatro abandonado o grupo de activistas que o ocupara o pasado mércores. Os desaloxados convocan unha concentración de protesta para as oito da tarde deste luns e sinalan que "a nós nunca nos importou a súa legalidade, esa que eles mesmos vulneran sen contemplacións".
Mugardos 10 potencias é unha iniciativa sociocultural e dinamizadora que quere dar a coñecer a actividade e as iniciativas de dez persoas e colectivos da vila que destacan nos seus ámbitos, "para que a xente de Mugardos descubra o que se está a facer ao seu redor".
A Confederación de ANPAS Galegas relanza a reivindicación do sistema de préstamo de libros de texto cunha campaña por todo o país na que lembran que o ensino obrigatorio ten que ser gratuíto tamén nos materiais.
Óscar Horta é profesor na Facultade de Filosofía da USC e autor de numerosas publicacións e palestras sobre os dereitos dos animais.
Xosé Ramos Rodríguez, membro de Nova Escola Galega, analiza as consecuencias que para o alumnado, o profesorado e o sistema educativo no seu conxunto terá o regreso dos exames de reválida ao final de cada etapa
Ao redor de 200 persoas, o dobre que a semana pasada, concentráronse este sábado contra o proxecto do Concello de Santiago de reducir a extensión dun parque público para construír un novo acceso a un aparcamento privado.
Esther Cuadrado, a nai do neno con autismo que denunciou o trato recibido no CEIP Salgado Torres da Coruña, vén de remitirlle unha carta a Núñez Feijoo pedíndolle que a Xunta actúe. Hai uns días coñeceuse unha sentenza do Tribunal Constitucional que dificulta aínda máis a escolarización de nenos con algún tipo de transtorno.
Os informes do Comité de Dereitos do Neno de Nacións Unidas esíxenlle ao Vaticano que faciliten información sobre a identidade biolóxica destes nenos e nenas e que castiguen os e as responsables. En Galicia SOS Bebés Robados ten documentados máis de 200 casos.