Movementos sociais
Os veciños de Galeras volven protestar "contra a ocupación de espazo público para uso privado"
Ao redor de 200 persoas, o dobre que a semana pasada, concentráronse este sábado contra o proxecto do Concello de Santiago de reducir a extensión dun parque público para construír un novo acceso a un aparcamento privado.
"O problema non é que o neno teña unha discapacidade, é un problema de terrorismo educativo”
Esther Cuadrado, a nai do neno con autismo que denunciou o trato recibido no CEIP Salgado Torres da Coruña, vén de remitirlle unha carta a Núñez Feijoo pedíndolle que a Xunta actúe. Hai uns días coñeceuse unha sentenza do Tribunal Constitucional que dificulta aínda máis a escolarización de nenos con algún tipo de transtorno.
A ONU pídelle á Igrexa que colabore nas investigacións de 'bebés roubados', con centos de casos en Galicia
Os informes do Comité de Dereitos do Neno de Nacións Unidas esíxenlle ao Vaticano que faciliten información sobre a identidade biolóxica destes nenos e nenas e que castiguen os e as responsables. En Galicia SOS Bebés Robados ten documentados máis de 200 casos.
Os técnicos de normalización pídenlle á Xunta que anule a actual convocatoria dos CELGA
Denuncian que a Xunta só consegue "dificultar cada vez máis que unha persoa que queira aprender galego poida facelo" e pídenlle que "pense nas persoas" e aplique un novo método que lles facilite a asistencia a cursos para a súa formación lingüística
"Solicito ao Valedor que me ampare na protección dos meus dereitos como muller"
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto propón ás mulleres un envío masivo de peticións ao Valedor para que inste a Xunta a que exixa a retirada do proxecto de reforma da lei e que interpoña un recurso de inconstitucionalidade no caso de que se aprobe.
Vigo e Pontevedra, contra o desmantelamento da sanidade pública
Ao redor de corenta mil persoas manifestáronse este venres en Vigo convocadas por SOS Sanidade Pública, unha marcha que este venres se repetirá en Pontevedra. Criticáronse os recortes, a "discriminación" desta área sanitaria e demandouse un novo hospital, cun financiamento "100% público".
Dous anos de Praza: xornalismo na rede... E agora tamén nos libros
Celebramos o segundo aniversario de Praza Pública coa presentación dos dous primeiros títulos da colección Praza & Meubook, onde David Reinero e Héctor Juanatey escriben sobre o accidente de Angrois e sobre o conflito do Sáhara.
A radio, "unha ponte necesaria entre escola e sociedade"
Este xoves celébrase o Día Mundial da Radio, e Ponte nas Ondas conmemórao coa publicación do Manifesto das Radios Escolares e un acto, esta tarde na Facultade de Comunicación de Pontevedra. Ademais, a USC bota a andar unha radio online e as emisoras comunitarias reivindican o seu "dereito a existir"
A Sala Yago, ocupada tras dous anos de promesas incumpridas polo Concello
As persoas que este mércores ocuparon o abandonado teatro compostelán lembra que ao día seguinte de que a policía desaloxase a anterior ocupación (a finais de 2011) Conde Roa dixo que estaba a piques de pechar un acordo cos propietarios para retomar a actividade. Hoxe comeza unha programación cultural alternativa.
A intolerancia é unha arma cargada de miseria
Lourenzo Fernández Prieto
"As Marchas da Dignidade non son unha manifestación máis, é un movemento subvertivo"
A Plataforma Galega acada máis apoios, convoca mobilizacións previas en Galicia e únese a un proceso que "pretende aglutinar todo o movemento antisistema do Estado". "Ábrese unha liña divisoria entre os que queremos derrubar o estado das cousas e os que non".